Uceira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
== Uceira atlántica ==
A uceira atlántica é un [[hábitat]] de [[matogueira]] que se atopa principalmente en terreos sen drenaxe, infértiles e acedos (como en [[Gándara (ecosistema)|gándara]]s, [[Páramo (paisaxe)|páramo]]s, [[turbeira]]s ou [[braña (terreo)|braña]]s) caracterizados por vexetación leñosa de pouco crecemento. Poden ser o resultado dunha degradación importante de formacións de [[carballo (árbore)|carballos]] ([[carballo común|carballos veriños]], [[cerquiño]]s ou [[sobreira]]s). Van dende o norte de Portugal até Escandinavia.
 
As especies das uceiras adoitan ser capaces de sobrevivir a perturbacións severas, coma o lume ou a [[roza]], xa que regroman a partir de [[gomo]]s situados en órganos subterráneos. O feito de soportar o lume dálles unha enorme vantaxe sobre outro tipo de vexetación que ten que florear e xermolar. Naturalmente sucumben se os lumes son moi reiterativos, entre outros factores, polo empobrecemento do solo.