Uceira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
== Uceira atlántica ==
A uceira atlántica é un [[hábitat]] de [[matogueira]] que se atopa principalmente en terreos sen drenaxe, infértiles e acedos (como en [[Gándara (ecosistema)|gándara]]s, [[páramo]]s, [[turbeira]]s ou [[braña]]s) caracterizados por vexetación leñosa de pouco crecemento. Poden ser o resultado dunha degradación importante de formacións de [[carballo (árbore)|carballos]] ([[carballo común|carballos veriños]], [[cerquiño]]s ou [[sobreira]]s). Van dende o norte de Portugal até Escandinavia.
 
As especies das uceiras adoitan ser capaces de sobrevivir a perturbacións severas, coma o lume ou a [[roza]], xa que regroman a partir de [[gomo]]s situados en órganos subterráneos. O feito de soportar o lume dálles unha enorme vantaxe sobre outro tipo de vexetación que ten que florear e xermolar. Naturalmente sucumben se os lumes son moi reiterativos, entre outros factores, polo empobrecemento do solo.
Liña 15:
A vexetación da uceira pode ser moi rica (as uceiras de Australia máis, con até 3.700 especies endémicase, e os [[fynbos]] de Suráfrica até 7,000 especies, biodiversidade só superada nas zonas tropicais).<ref>''Montane fynbos and renosterveld''</ref> mais as uceiras europeas acostuuman ser pobres en especies cunha flora basicamente representada por [[queiroa]]s (especies de ''[[Calluna]]''), [[Erica|uces]] (especies de ''[[Erica]]'') e [[Ulex|toxos]] (especies de ''[[Ulex]]''). Ademais acompáñanse doutros arbustos que poden ter boa representación como algunhas ''[[Cistus]] ssp''), como a [[esteva]] (''[[Cistus ladanifer]]'') ou a [[carpaza macho]] (''[[Cistus populifolius]]''), ou as [[carqueixa]]s.
 
A fauna aviar acolle a numerosas especies locais, que poden incluir á [[tartaraña cincenta]], ou á [[pica das árbores]].
 
== Uceira mediterránea ==
En zonas mediterráneas (sur de Portugal e costa mediterránea) aparece tamén o [[érbedo]], o [[Aderno de folla estreita|aderno]], ''[[Halimium ocymoides]]'' ou ''[[Polygala microphylla]]'', entre outras.