Uceira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
#REDIRECT uz branca
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Esta achega baséase nas versións española e inglesa da Wikipedia [es:brezal] [en:heath]
Liña 1:
[[Ficheiro:Uces en Ortegal.jpg|dereita|thumb|230px|Uceira en [[Ortegal]].]]
#REDIRECT [[uz branca]]
[[Ficheiro:Heath.jpg#file|right|thumb|Heathland at Woodbury Common, [[Devon]] (England), featuring purple flowers of ''[[Calluna]] vulgaris'' and yellow flowers of ''[[Ulex gallii]]'']]
 
Unha '''uceira''' ou '''uzal'''<ref>Nomes favoritos en galego para o ecosistema en ''Vocabulario ortográfico da lingua galega'', A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004</ref> é un monte ou terreo poboado principalmente de [[Erica|uces]] (especies dos xéneros ''[[Erica]]'' e/ou ''[[Calluna]]''). Outros nomes destas formacións son '''breixeira''', '''moural''' e '''urceira'''<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=uceira&sinom=0&homonimo= Definición e sinónimos en Portal das Palabras da [[RAG]].]</ref>.
 
Atopamos uceiras en diferentes partes do mundo, sendo moi abundantes na [[Europa Atlántica]], como nas [[Illas Británicas]] e [[Galicia]].
 
== Uceira atlántica ==
A uceira atlántica é un [[hábitat]] de [[matogueira]] que se atopa principalmente en terreos sen drenaxe, infértiles e acedos (como en [[gándara]]s, [[páramo]]s, [[turbeira]]s ou [[braña]]s) caracterizados por vexetación leñosa de pouco crecemento. Poden ser o resultado dunha degradación importante de formacións de [[carballo (árbore)|carballos]] ([[carballo común|carballos veriños]], [[cerquiño]]s ou [[sobreira]]s). Van dende o norte de Portugal até Escandinavia.
 
As especies das uceiras adoitan ser capaces de sobrevivir a perturbacións severas, coma o lume ou a [[roza]], xa que regroman a partir de [[gomo]]s situados en órganos subterráneos. O feito de soportar o lume dálles unha enorme vantaxe sobre outro tipo de vexetación que ten que florear e xermolar. Naturalmente sucumben se os lumes son moi reiterativos, entre outros factores, polo empobrecemento do solo.
 
As condicións climáticas das uceiras soen ser húmidas e cálidas, algo secas polo verán; co solo acedo, de baixa fertilidade, e normalmente areento. Cando a drenaxe é moi baixa poden aparecer as [[turbeira]]s, pero que soen ser pequenas. Os arbustos das uceiras van dos 0.2–2&nbsp;m de alto.
 
A vexetación da uceira pode ser moi rica (as uceiras de Australia máis, con até 3.700 especies endémicase, e os [[fynbos]] de Suráfrica até 7,000 especies, biodiversidade só superada nas zonas tropicais).<ref>''Montane fynbos and renosterveld''</ref> mais as uceiras europeas acostuuman ser pobres en especies cunha flora basicamente representada por [[queiroa]]s (especies de ''[[Calluna]]''), [[Erica|uces]] (especies de ''[[Erica]]'') e [[Ulex|toxos]] (especies de ''[[Ulex]]''). Ademais acompáñanse doutros arbustos que poden ter boa representación como algunhas ''[[Cistus]] ssp''), como a [[esteva]] (''[[Cistus ladanifer]]'') ou a [[carpaza macho]] (''[[Cistus populifolius]]''), ou as [[carqueixa]]s.
 
A fauna aviar acolle a numerosas especies locais, que poden incluir á [[tartaraña cincenta]], ou á [[pica das árbores]].
== Uceira mediterránea ==
En zonas mediterráneas (sur de Portugal e costa mediterránea) aparece tamén o [[érbedo]], o [[Aderno de folla estreita|aderno]], ''[[Halimium ocymoides]]'' ou ''[[Polygala microphylla]]'', entre outras.
 
Soen ser o resultado dunha degradación importante de formacións de [[sobreira]]s e [[aciñeira]]s principalmente.
 
No suroeste da [[Península Ibérica]] poden distinguirse dous tipos de uceira: as altas e as baixas. Nas uceiras altas a especie dominante é a [[uz moura]] (''[[Erica australis]]''), ás veces acompañado de [[uz branca]] (''[[Erica arborea]]''), [[carpaza macho]] (''[[Cistus populifolius]]''), [[xesta molar]] (''[[Cytisus striatus]]''), ''[[Genista triacanthos]]'', [[queiroa]] (''[[Calluna vulgaris]]'') ou [[carqueixa]] (''[[Pterospartum tridentatum]]''). As baixas, que ocupan en moitos casos posicións circundantes ás altas, están dominados pola presenza dunha uz de escaso porte: a [[carroucha de umbela]] (''[[Erica umbellata]]'') que na maioría dos casos acompáñase de ''[[Halimium ocymoides]]'', e con frecuencia tamén da carqueixa (''[[Pterospartum tridentatum]]''). Estas nanouceiras atópanse fundamentalmente en solos moi degradados.
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:Gravfält från stenåldern, Tjörn.jpg|Uceira nórdica.
Ficheiro:Die back valley gnangarra.jpg|Uceira en [[Stirling Range]], oeste de Australia, cunha área central infestada por ''[[Phytophthora cinnamomi]]''.
Ficheiro:Wilseder Berg 006.jpg|Uceira de Monte Wilsede, Rexión de [[Lüneburg]], [[Alemaña]].
Ficheiro:New Forest heath and horses.JPG|Uceira en New Forrest, [[Inglaterra]].
</gallery>
 
== Notas ==
{{Referencias}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
*[[Matogueira]]
*[[Landa]]
*[[Braña]]
*[[Gándara]]
*[[Turbeira]]
*[[Páramo]]
 
[[Categoría:Ecosistemas]]