Vitis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 22:
 
== Descrición ==
''Vitis'' diferénciase doutros xéneros da familia en que os [[pétalo]]s florais mantéñense unidos no ápice separándose na base para formar unha [[caliptra]] ou "gorra". As [[flor]]es son unisexuais ou modificadas para funcionar como tales, son pentámeras e cun disco hipóxino. O [[CalizCáliz (botánica)|cáliz]] está moi reducido ou é inexistente na maioría das especies. Os botóns florais fórmanse ao final da estación de crecemento e fican durante o inverno para florear a primavera a seguir. Producen dous tipos de flores, as estériles con longos filamentos, [[estame]]s erectos e [[pistilo]]s sen desenvolver e as fértiles con pistilos ben desenvolvidos e cinco estames sen desenvolver. O [[foito]] é unha [[baga]] ovoide e zumarenta.
 
Cando medran bravas, todas as especies do xénero son [[dioico|dioicas]], porén en cultivo se seleccionan as de flor perfecta.