Tifo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
O tifo causou grandes epidemias con elevada mortaldade durante a Idade Media e ata o século XIX, con elevada mortalidade. As últimas grandes epidemias ocorreron durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. A primeira [[vacina]] efectiva contra o tifo foi desenvolvida polo [[parasitólogo]] polaco [[Rudolf Weigl]], grazas á creación dunha cepa de piollos especial chamada [[Pediculidae|Pediculus vestimenti]], que era fácil de alimentar. Esta cepa foi o resultado do cruzamento de especies de piollos caucásicas e africanas. Weigl tamén inventou un mecanismo que permitía criar piollos en granxas coa finalidade de conseguir suficiente cantidade de bacterias ''Rickettsia'' como para producir a vacina. Durante a Segunda Guerra Mundial desenvolvéronse outras vacinas mellores, máis seguras e baratas.<ref>[http://entomology.montana.edu/historybug/TYPHUS-Conlon.pdf The Historical Impact of Epidemic Typhus]. Joseph M. Conlon.</ref>
 
Inicialmente o tifo (infección por ''Rickettsia'') e as febres tifoides (infección por [[Salmonella Typhi|''Salmonella'' Tiphy]]) eran consideradas unha mesma enfermidade, pero foron distinguidas como doenzas separadas xa no século XIX. Nalgunhas linguas como o alemán chaman typhus á doenza producida polas salmonelas.
[[Ficheiro:Charles Nicolle at microscope.jpg|miniatura|210px|[[Charles Nicolle]] recibiu o [[Premio Nóbel de Medicina]] de 1928 pola súa identificación do piollo como axente transmisor do tifo epidémico.]]