Febre tifoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
::''Non confundir co [[tifo]] producido por ''Rickettsia''.''
A '''febre tifoide''' ou '''febre entérica''' é unha [[doenza infecciosa]] producida por bacterias do xénero ''[[Salmonella]]'' dos seguintes [[serovar]]es: [[Salmonella enterica subsp. enterica|''Salmonella enterica'' subsp. ''enterica'' serovar Typhi]] (antes ''Salmonella typhi'' ou [[bacilo]] de Eberth) ou por [[Salmonella enterica subsp. enterica|''Salmonella enterica'' subsp. ''enterica'' serovar Paratyphi]] ''A'', ''B'' ou ''C'' (antes ''Salmonella paratyphi'', febre paratifoidea). O seu reservorio é o ser humano, e o mecanismo de contaxio é a [[vía fecal-oral]], a través da inxestión de [[auga]] e [[alimento]]s contaminados con dexeccións. Non se debe confundir co [[tifo]] producido por bacterias ''[[Rickettsia]]'' e transmitido por [[piollo]]s e outros artrópodos.
 
A bacteria ingresa por vía dixestiva e chega ao [[intestino]], pasando finalmente ao [[sangue]], causando unha fase de [[bacteremia]] cara á primeira semana da doenza; posteriormente localíase en diversos órganos e produce fenómenos [[inflamación|inflamatorios]] e necróticos, debidos á liberación de [[endotoxina]]s. Finalmente, as [[salmonela]]s expúlsanse ao exterior polas [[feces]].