Cibrán de Cartago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: ligazón. Tifo no DRAG
Liña 5:
De etnia [[bérberes|bérber]], era un home culto e rico, profesor de retórica. Segundo el mesmo relata en ''A Donato'', o seu estilo de vida estaba arrastrado polo que el denominaba vicios e malos desexos (particularmente a avaricia). Tras a súa conversión, e segundo conta [[Xerome de Estridón]] na súa obra ''De Viris'', entregou todos os seus bens aos pobres. Ao pouco tempo de achegarse ao [[cristianismo]] foi ordenado presbítero e bispo de [[Cartago]], isto último por aclamación popular no ano 248.
 
Durante a persecución de [[Decio]] fuxiu de Cartago, pero seguiu dirixindo a súa comunidade dende o seu refuxio. Con todo, os seus inimigos acusárono a [[Roma]], por covardía e abandono, recibindo a amoestación do [[Papa]]. Pasada a persecución, produciuse un cisma na súa igrexa entre os que defendían a acollida e o perdón aos que abxuraran da súa fe por temor á persecución e os que puñan trabas ao retorno á comunidade deses fieis máis febles (os denominados ''lapsi'': caídos). Cibrán convocou un concilio en Cartago, que esixiu un serio arrepentimento e que para aqueles que chegaran a render culto ao Emperador só habería unha admisión na proximidade da súa morte. O debate foi tan intenso que os partidarios da misericordia sen condicións elixiron un novo bispo chamado Fortunato. Pola súa banda os partidarios dunha dura inflexibilidade proclamaron bispo a Máximo. Isto colocou a Cibrán nunha posición de moderación entre as dúas correntes: suavizou as condicións para os arrepentidos pero os cregos que abxuraran no poderían volver a desempeñar os seus cargos. A súa posición fortaleceuse cando tras unha gran praga de tifos[[tifo]] e a consecuente fame, se volcou na pregaria e na atención aos esfameados e necesitados. Animou aos cristiáns a socorrer aos pagáns.
 
As polémicas non remataron aí. Posteriormente enfrontouse ao Papa [[Estevo I, Papa|Estevo I]] cando este admitiu a validez do [[bautismo]] impartido polos herexes. Para Cibrao a herexía era máis daniña que a persecución e a tortura, pois estas reafirmaban a fe pero a herexía a desdebuxaba. Cibrán resultou ser máis duro na defensa da unidade da fe e da Igrexa que o propio bispo de Roma, que reivindicou para si a autoridade de [[Pedro, papa|Pedro]] e desautorizou o radicalismo das comunidades africanas. Cibrán defendeu con contundencia as tradicións da súa igrexa cartaxinense. Paradoxalmente, unha nova herexía o [[donatismo]] acubillaríase nos escritos de Cibrán nestas disputas co papado.