Diferenzas entre revisións de «Carapucha 5'»

A carapucha 5′ encóntrase no [[extremo 5']] dunha moécula de ARNm e consiste nunha molécula dun nucleótido con [[guanina]] unido ao ARNm por medio dun inusual enlace 5′-5′ trifosfato. Esta [[guanosina]] é [[metilo|metilada]] ''[[in vivo]]'' no nitróxeno en posición 7 directamente despois da formación da carapucha por unha [[Transferase|metil transferase]], o que crea unha carga positiva en dito nitróxeno. Por iso tamén se denomina carapucha [[7-metilguanosina]] ou 7-metilguanilato, abreviada m<sup>7</sup>G.
 
Posteriores modificacións son a posible metilación dos grupos [[hidroxilo]] 2' das dúas primeiras [[ribosa]]s do extremo 5' do ARNm. A metilación de ambos os grupos hidroxilo móstrase no primeiro diagrama.
 
A carapucha 5′ parécese ao [[extremo 3']] dun ARN (o carbono 5′ da ribosa da carapucha está enlazado, e o 3' non). Isto proporciónalle á molécula unha significativa resistencia ás [[exonuclease]]s 5'.
 
As moléculas de ARNm poden perder a súa carapucha 5' nun proceso chamado "descarapuchado" do ARNm ou ''decapping''.
 
Os [[ARN nuclear pequeno|ARNs nucleares pequenos]] conteñen carapuchas 5' peculiares. Os ARN nucleares pequenos da clase Sm presentan carapuchas con 5'-trimetilguanosina, mentres que os da clase Lsm teñen carapuchas con 5'-monometilfosfato.<ref name=matera2007>{{cite journal|last1=Matera|first1=A. Gregory|last2=Terns|first2=Rebecca M.|last3=Terns|first3=Michael P.|title=Non-coding RNAs: lessons from the small nuclear and small nucleolar RNAs|journal=Nature Reviews Molecular Cell Biology|date=March 2007|volume=8|issue=3|pages=209–220|doi=10.1038/nrm2124|url=http://www.nature.com/nrm/journal/v8/n3/full/nrm2124.html|accessdate=12 December 2014}}</ref>
 
==Formación da carapucha==
177.365

edicións