Éibar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 102:
O '''sector secundario''' (que a fixo coñecida como ''a cidade armeira'' pola súa importante industria de armas) desenvolveu sempre unha gran actividade industrial centrada na manufactura metálica. Os seus polígonos industriais, onde agora se recollen os talleres que noutro tempo estaban esparexidos por todo o municipio, albergan industrias de todo tipo. Destacan a máquina ferramenta, a fabricación de escopetas, a auxiliar do automóbil, máquinas de coser, bicicletas, microfusión de precisión e un longo etcétera consecuencia do dinamismo eibarrés cristalizado en empresas como [[Orbea]], [[Lambretta]], [[Alfa (máquinas de coser)|Alfa]], [[BH]], [[STAR, Bonifacio Echeverría S.A.|STAR]]. Entre as actividades industriais é de destacar a artesanía do [[damasquinado]] que se produciu tradicionalmente na cidade. Esta actividade artesá foi combinada coa armera convertendo algunhas armas en verdadeiras xoias ricamente decoradas con fío de ouro. Moitas empresas eibarresas instaláronse logo noutros municipios tanto das comarcas próximas como máis afastadas.
 
Canto ao '''sector de servizos''', Eibar é a cabeza de comarca dode [[Baixo DevaDebabarrena]] e principal cidade entre as dúas capitais vascas estando equidistante de ambas. Isto fai que o sector servizos estea moi desenvolvido. Nela céntranse os servizos comarcais de todo tipo, educación, sanidade, bancarios, comercio, etc. A actividade industrial tamén conta cos seus servizos na cidade. O centro de investigación ou a corporación comarcal teñen a súa sede nela. O comercio destaca pola presenza de grandes almacéns e de moitas tendas de calidade do mesmo xeito que a restauración. En Eibar localízase a única tenda de [[El Corte Inglés]] da provincia de Guipúscoa; anteriormente era [[Galerías Preciados]]. Os pequenos comerciantes, para mellorar a súa posición, crearon a asociación [http://www.eibarcomercial.org|Eibar Centro Comercial Abierto].
 
O [[18 de xaneiro]] de 2007 inaugurouse o Museo dedicado á industria armeira no último piso de Portalea.
 
==Historia==