O Nadal na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎O Belén: lig int
Liña 119:
O [[28 de decembro]] celébrase a matanza dos nenos de [[Belén]] que decretara [[Herodes o Grande|Herodes]] para acabar con Xesús. Nesta data fanse bromas uns ós outros, denominadas especificamente ''inocentadas''. Crese que non se debe traballar neste día porque, senón, os Inocentes vingaranse de quen o faga, levando ó fracaso todo o que intenten facer. Crese tamén que as manchas na pel dalgunhas persoas débense a que a nai traballara neste día estando [[embarazo|embarazada]].
 
En [[Lugo]] celebrábase, polo menos ata o [[século XVII]], a ''Festa do Bispiño'' ou ''dos Bispiños'', común tamén con outros puntos de España. Consistía en nomear ''bispo'' por un día a un rapaz, que imitaba os actos e modos do [[bispo]] real. Aínda que o costume non tiña intención irreverente senón que ensalzaba a inocencia do rapaz, dos nenos en xeral, terminou sendo prohibido nas ''Constituciones'' do bispado de Lugo de [[1669]], quizais pola inversión dos valores morais que significaba: E WILLYREX CAGOUSE NESTA PÁXINA
{{cita|''De algunas partes de este Obispado y Lugares tiene noticias, que en días señalados del año, suelen hacerse en fiestas principales Obispillos y otros juguetes semejantes e invenciones ridículas, y con ocasión y color de tales juegos, representaciones, personajes y figuras impertinentes, causando risa, así por el día, como por la noche en otras mogigangas, vsando para ello de vestiduras sagradas y otras que están dedicadas a la exornación del Sacerdote y al Culto Divino... que ninguna persona... pueda vsar, en tal fiesta del Obispillo de vestidura ninguna sagrada, como Mitras, roquetes, alvas, manteles, ni se vista de semejantes apariencias ni vse de bendiciones''}}.
Taboada Chivite escribía en [[1963]] que o único resto que permanecía destas ''festas dos bispiños'' era deixar que un meniño dirixise o coro da [[catedral de Ourense]].