Barril beta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Sucrose porin 1a0s.png|miniatura|dereita|250px|Barril beta da [[porina]] específica para [[sacarosa]] da [[bacteria]] ''[[Salmonella enterica subsp. enterica|''Salmonella typhimurium]]'']], vista de lado. As porinas son [[proteína transmembrana |proteínas transmembrana]] con centros ocos a través dos cales poden difundir moléculas pequenas.]]
[[Ficheiro:Rbp 1brp.png|miniatura|dereita|250px|A proteína de unión ao [[retinol]] humana é unha [[lipocalina]] cun barril formado por oito [[lamina beta|láminas beta]] de unión ao retinol ([[vitamina A]]).]]
Un '''barril beta''' é unha [[estrutura das proteínas|estrutura]] típica dalgunhas proteínas formada por unha serie de [[lámina beta|láminas beta]] que se torcen e enrolan para formar unha estrutura pechada na cal a primeira cadea de láminas beta se une á última por medio de enlaces por [[ponte de hidróxeno]]. Estas láminas beta xeralmente dispóñense de forma [[antiparalelismo (bioquímica)|antiparalela]]. As estruturas de barril encóntranse comunmente en [[porina]]s e outras proteínas que atravesan membranas celulares e proteínas que se unen a ligandos [[hidrofóbico]]s no centro do barril, como é o caso das [[lipocalina]]s. As estruturas de barril tipo porinas están codificadas por ata o 2-3% dos xenes dunha [[bacteria Gram-negativa]]. <ref name="Wimley">Wimley WC. (2003). "The versatile beta-barrel membrane protein". ''Curr Opin Struct Biol'' '''13'''(4): 404–11. PMID 12948769.</ref>