Tilacoide: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 63:
===Envío ao seu destino das proteínas tilacoidais===
[[Ficheiro:Tilacoide miguelferig.png|miniatura|450px|dereita|Vías das proteínas destinadas aos cloroplastos.]]
As proteínas dos tilacoides son dirixidas ao seu destino por medio de [[péptido sinal|péptidos sinal]] e por [[vía secretora|vías secretoras]] de tipo procariótico do interior do cloroplasto. A maioría das proteínas dos tilacoides codificadas no xenoma nuclear das plantas necesitan dúas marcas para a súa correcta chegada ao destino: Un péptido sinal de destino cloroplástico [[N-terminal]] (en amarelo na figura), e un péptido sinal de destino tilacoidal (mostrado en azul). As proteínas impórtanse a través dos complexos translocón das membranas interna e externa ([[complexos TicTIC e TocTOC]]).
 
As proteínas enviadas aos tilacoides poden estar destinadas á membrana tilacoidal ou ao lume tilacoidal. As destinadas á membrana tilacoidal, unha vez que entran no cloroplasto, sofren a separación do seu primeiro péptido sinal de destino (amarelo) pola acción dunha [[protease]] que procesa proteínas importadas. Isto deixa exposto o segundo péptido sinal de destino (azul) e a proteína é exportada desde o estroma ao tilacoide nun segundo paso. Este segundo paso require a actuación de compoñentes de translocación de certas proteínas dos tilacoides e é dependente de enerxía. As proteínas son inseridas na membrana pola vía dependente de SRP (1 na figura), ou pola vía dependente de Tat (2), ou espontaneamente por medio dos seus dominios transmembrana (non mostrados na figura). As proteínas destinadas ao lume expórtanse a través das membranas tilacoidais cara ao lume por dúas posibles vías: pola vía dependente de Tat (2) ou pola dependente de Sec (3), e liberadas por corte (clivaxe) do péptido sinal de destino tilacoidal (azul).