Carlomagno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 29:
Mediante o Tratado de Aquisgrán entre Carlomagno e o emperador de [[Bizancio]] [[Miguel I Rangabé|Miguel I]], aquel foi recoñecido como emperador a cambio de recoñecer o poder bizantino sobre [[Venecia]] e [[Dalmacia]].
 
===Sistema Monetariomonetario===
Continuando as reformas iniciadas polo seu pai, Carlomagno avanzou cun sistema monetario baseado no [[soldo (moeda)|soldo]] de ouro -procedemento seguido tamén polo rei [[defaOfa de Mercia]]-. Instituíu un novo patrón monetario a partir de unidades de medida como a [[libra (moeda)|libra]] e o propio soldo que eran, até a data, só unidades de medida (só o ''[[denier]]'' se mantivo como unha das moedas do seu dominio). Nótese que o sistema monetario inglés antes da decimalización ten semellanzas con este: efectivamente, a [[libra inglesa]] (''pound'') valía 20 ''[[xelin]]s'' (analogamente aos [[soldo (moeda)|soldos]] de Carlomagno) ou 240 ''[[penny|pence]]'' (de forma semellante aos ''deniers'' instituídos por este emperador).
 
Carlomagno aplicou este sistema a unha grande parte do continente europeo, mentres que o patrón de defa foi voluntariamente adoptado pola maior parte do territorio [[Inglaterra|inglés]].