Diferenzas entre revisións de «Club Deportivo Ourense»

 
===Actualidade===
O CD Ourense intentou volver á Segunda División sen éxito. En anos posteriores as dificultades económicas minguaron, o equipo, que tivo que facer varias ampliacións de capital para garantir a súa existencia. Na tempada 2007–08 os resultados na liga regular empeoraron. Malia que ese mesmo ano gañou a [[Copa Real Federación Española de Fútbol|Copa Federación]] tras impoñerse na final ao [[CF Reus Deportiu|Reus]], acabou 17º na clasificación do grupo I da Segunda B, polo que descendeu á Terceira División. Este feito agravou a situación económica do club, que acumulou impagos a xogadores e estivo a piques de desaparecer.<ref>[http://www.notasdefutbol.com/otras-ligas/el-ourense-agoniza "El Ourense agoniza"], artigo en ''Notas de fútbol'', [[4 de outubro]] do [[2006]] {{es}}.</ref> Porén, logrou manterse en Terceira División con xogadores galegos e da canteira. Na tempada [[Terceira división española 2011/12|2011–12]] resultou campión, clasificándose para a [[Promoción de ascenso a Segunda División B 2011/12|fase de ascenso]] como primeiro de grupo, debendo xogar contra o [[CD Laudio]] na primeira eliminatoria. Tras gañar (1–3) en terras [[ÁlavaÁraba|alavesasarabesas]], no partido de volta venceu por un gol no Couto, logrando así o ascenso a [[Segunda División B]].
 
Na tempada [[Segunda división B española 2012/13|2012–13]] o club perdurou na Segunda División B tras conseguir o posto 12º na clasificación. Fíxose tamén oficial a renovación por dúas tempadas do adestrador Luisito.
47.568

edicións