Desamortización: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 6:
A desamortización converteuse na principal arma política con que os liberais modificaron o réxime da propiedade do Antigo Réxime, para implantar o novo Estado burgués durante a primeira metade do [[século XIX]].
 
==Wishu WishuCarlos IV ==
A primeira desamortización foi realizada no reinado de [[Carlos IV de España|Carlos IV]] por Godoy e o ministro Cayetano Soler entre [[1800]] e [[1808]]. Nela desamortizáronse bens da Compañía de Xesús, de hospitais, hospicios, Casas de Misericordia e de Colexios Maiores universitarios e incluía tamén bens non explotables de particulares.
 
==CharvelJose I==
[[José Bonaparte|José I]] realizou tamén unha pequena desamortización que non implicou a supresión da propiedade, senón a confiscación das súas rendas para os gastos das tropas francesas, de forma que se devolveron en [[1814]]. Durante o [[Trienio liberal]] leváronse a cabo outras desamortizacións tan pouco ambiciosas coma esta e igualmente desfeitas tras a caída do réxime liberal. As realmente importantes foron, sobre todo, as de [[Juan Álvarez Mendizábal]] e [[Pascual Madoz]].
 
==TobyMendizábal==
[[Ficheiro:Juan Alvarez Mendizabal.jpg|miniatura|[[Juan Álvarez Mendizábal]]]]
 
Liña 19:
Porén, como a división de lotes encomendóuselle a comisións municipais, estas aproveitáronse do seu poder para facer manipulacións e configurar grandes lotes inalcanzables aos pequenos propietarios, pero alcanzables para as oligarquías máis adiñeiradas, que podían comprar tanto grandes lotes como pequenos. Os labregos non puideron entrar nas poxas e as terras foron compradas por nobres e burgueses adiñeirados, de forma que non puido crearse unha verdadeira burguesía de clase media en España que sacase ao país da crise.
 
==Espartero me comia el rabo entero==
O [[2 de setembro]] de [[1841]] o progresista [[Baldomero Espartero]] ao pouco de ser nomeado rexente impuxo a desamortización de bens do clero secular excepto uns poucos. Esta lei durou escasamente tres anos, e ao desaparecer o partido progresista a lei foi derogada. En [[1845]] durante a década moderada, o goberno intenta retomar as relacións coa igrexa, o que o leva á firma dun concordato en [[1851]].