Louis-Ferdinand Céline: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 11:
Rematou o bacharelato e en [[1919]] casou con [[Edith Follet]], filla de Athanase. A mediados da década de 1920 integrouse na [[Sociedade de Nacións]] como experto en cuestións de hixiene. Foi destinado a [[Genève]], pero realizou constantes viaxjes aos [[Estados Unidos de América|EUA]], [[Cuba]], [[Canada]] e [[Inglaterra]], e pasou tamén longas tempadas en [[Nigeria]] e [[Sénégal]]. Debido ás longas ausencias, puxo fin ao seu segundo matrimonio con Edith Follet dous anos despois de graduarse.
 
En [[1926]] coñeceu en Genève a [[Elizabeth Craig]], unha estadounidense nada en [[1902]] coa que viviu en ParisParís até [[1933]]. Nunha das súas primeiras entrevistas trala publicación de ''Voyage au bout de la nuit'' cítaa coma unha das súas mestras. Existen homenaxes a Elizabeth Craig ao longo desa mesma novela (e de feito está dedicada a ela), especialmente nos personaxes de Lola e Molly.
 
En [[1927]] abriu unha consulta privada, que non funcionou, polo que tivo que empregarse como axudante dun dispensario en [[Clichy]]. En [[1931]] deulle o manuscrito de ''Voyage au bout de la nuit'' a unha secretaria para que o mecanografase, sendo publicada ao ano seguinte cunha extraordinaria acollida por parte do público e a crítica.
 
Trala [[Segunda Guerra Mundial]] foi condenado ''[[in absentia]]'' (estando en [[Dinamarca]]) á [[pena de morte]] polo seu [[colaboracionismo]] durante a ocupación [[nazi]] en [[Francia]], se ben a pena foi finalmente condonada. Escapou a [[Alemaña]] (sobre o éxodo escribiu ''[[D'un château l'autre]]'', ''[[Nord (novela)|Nord]]'' e ''[[Rigodon]]''), sendo condenado despois a un ano de prisión e declarado desgraciadesgraza nacional. Tralo seu perdón, en [[1951]] regresou a Francia. Finou o 1 de xullo de [[1961]] dun [[aneurisma cerebral]].
 
== Obra ==
A súa creación máis famosa é ''[[Voyage au bout de la nuit]]'', unha narración de trazos [[autobiografía|autobiográficos]] publicada en [[1932]]. O seu protagonista, Ferdinand Bardamu, alistado nun momento de estupidez no exército francés, e asqueado nas trincheiras da Primeira Guerra Mundial, decide desertar facéndose pasar por tolo, describindo toda sorte de personaxes pintorescos e o absurdo e a brutalidade da guerra. Tralo conflito e tras un noviazgo cunha estadounidense, Lola, vai parar nun barco no que o resto dos pasaxeiros o queren linchar, rumbo a unha [[Colonialismo|colonia]] francesa en [[África]]; a descrición do sistema colonial francés é hilarante e sumamente crítica, vindo a dicir que o [[colonialismo francés]] ampara a [[Pedofilia|pederastia]] e que todo se funda na explotación dos negros (recordando a ''[[Heart of Darkness]]'', de [[Joseph Conrad]]). Unhas febres acaban con esa aventura e chega nun estado cercanopróximo á [[escravitude]] aos Estados Unidos. Escapa en [[New York]], onde vive por un tempo e reencóntrase con Lola, á que extorsiona. Volve viaxar a [[Detroit]], onde fai amizade cunha prostituta norteamericana, pero volve a París e exerce a medicina a pesar do asconoxo que lle dá a súa clientela.
 
A aparición de ''Voyage au bout de la nuit'' foi unha innovación literaria sen igual. A linguaxe oral, groseira e moi [[xerga]]l escandalizou aos contemporáneos e foi moito máis lonxe ca escritores que intentaran antes ca el escribir usando este rexistro, como [[Émile Zola]]. A súa prosa, como a forma de abordar os temas, e os temas en si mesmos, é extremadamente violenta, amarga e quebradiza. O seu ritmo é salvaxe e acelerado, e nel repousa gran parte do mérito literario do autor. A linguaxe é viva, libre de todo tipo de formalidades, para escribir do modo máis expresivo posible.
Liña 30:
* ''[[Casse-pipe]]'' ([[1949]])
* ''[[Féerie pour une autre fois]]'' ([[1952]])
* ''[[Normance|Normance : Féerie pour une autre fois II]]'' ([[1954]])
* ''[[D'un château l'autre]]'' ([[1957]])
* ''[[Nord (novela)|Nord]]'' ([[1960]])
* ''[[Le Pont de Londres|Le Pont de Londres : Guignol's band II]]'' ([[1964]])
* ''[[Rigodon]]'' ([[1969]])