Lourenzo de Medici: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 40:
 
== Traxectoria ==
LorenzoLourenzo foi considerado o máis intelixente dos cinco irmáns, e tivo como titor a un diplomático chamado [[Gentile Becchi]]. Participou en [[xusta]]s, [[cetrería]], [[cinexética|caza]] e cria de cabalos para competir no [[Palio de Siena]]. O seu cabalo chamábase Morello.
 
Educouse primeiro en [[Venecia]], máis tarde foi enviado a [[Milán]] con só dezanove anos en representación do seu pai, [[Pedro I de Medici|Pedro de Medici]]. Sendo Lourenzo aínda novo, Piero enviouno a numerosas misións diplomáticas. Entre elas cóntanse viaxes a [[Roma]] para ver ao [[Papa]] e a outras figuras políticas e relixiosas.
 
Con vinte anos, en [[1469]], a morte do seu pai obrigoulle a facerse cargo do Estado florentino baixo un pulso permanente co [[Reino de Nápoles]]. O seu carácter conciliador e diplomático permitiulle alcanzar a paz cos napolitanos en [[1480]] tras declararlle a guerra [[Fernando I de Nápoles]]. Os enfrontamentos entre os xefes de familia da república florentina mantiñan a cidade en tensión e Lourenzo debeu disputar a súa posición de forma permanente. Esta actitude levou a parte da [[historiografía]] a consideralo un déspota. Outros, con todo, considerarono un mantenedor da orde nun periodo moi convulso da historia da cidade italiana. O enfrontamento entre os [[Medici]] e os [[Pazzi]] -outra influente familia banqueira da cidade- mantívose durante todo s seu principado e houbo de sufrir, polo menos, dous atentados, o máis famoso dos cales sucedeu o [[26 de abril]] de [[1478]], a [[conspiración dos Pazzi]], que ocorreu fronte ao [[Santa María del Fiore|Duomo de Florencia]], un domingo en misa. Nesta descabelada operación os [[Pazzi]] acabaron coa vida do irmán de Lourenzo, Giuliano. Enfrontouse ao [[Papa]] [[Sisto IV, papa|Sisto IV]] no proceso de expansión dos [[Estados Pontificios]].
 
Casado cunha das mulleres máis nobres da aristocracia, [[Clarice Orsini]], conseguiu que o seu fillo fixese carreira como eclesiástico, de tal sorte que máis tarde chegaría a ser o Papa [[León X, papa|León X]].
 
Como [[mecenas]] destacou no seu apoio a artistas da talla de [[Sandro Botticelli]], [[Leonardo da Vinci]], [[Giuliano da Maiano]] e [[Michelangelo|Michelangelo Buonarroti]], entre outros. Estendeu a obra renacentista [[italia]]na polo resto das cortes [[Europa|europeas]], grazas ás súas excelentes relacións.
 
Fundou, entre outras institucións, a [[Biblioteca Laurenciana]]. Enviados de Lourenzo recuperaron do leste de Europa gran cantidade de obras clásicas, montando talleres para copiar os seus libros e difundir o seu contido a través de toda Europa. Apoiou o desenvolvemento do [[humanismo]] a través do seu círculo de amigos eruditos que estudaron aos filósofos [[Grecia antiga|gregos]] e trataron de combinar as ideas de [[Platón]] co [[cristianismo]]. Neste grupo atopábanse os filósofos [[Marsilio Ficino]], [[Angelo Poliziano|Poliziano]] e [[Giovanni Pico della Mirandola]].
 
Na súa condición de banqueiro desatendeu os negocios herdados da familia e tivo moitos problemas para manter as actividades mercantis no oeste de Europa, perdendo as filiales de [[Londres]], [[Bruxas]] e [[Lion]] (creada en 1466).
==Mecenado==
[[Ficheiro:Verrocchio Lorenzo de Medici.jpg|miniatura|150px|Busto de Lourenzo de' Medici por [[Andrea del Verrocchio|Verrocchio]] ([[1480]]).]]
 
==Notas==
{{listaref}}