Fotóforo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Photostomias2.jpg|dereita|miniatura|O peixe de augas profundas ''[[Photostomias guernei]]'' mostrando o seu fotóforo.]]
 
Un '''fotóforo''' é un órgano emisor de luz que ten o aspecto dunha mancha luminosa, que aparece sobre todo en animais mariños, como [[peixes]] e [[cefalópodos]]. O órgano pode ser simple ou tan complexo como un [[ollo]] humano, equipado con lentes, pantallas, filtros de cor e reflectores.<ref>{{cite web|url=http://tolweb.org/accessory/Cephalopod_Photophore_Terminology?acc_id=2015 |title=Cephalopod Photophore Terminology |publisher=Tolweb.org |date= |accessdate=20122014-0812-3006}} Foto, diagrama e descrición dun fotóforo de cefalópodo</ref> A luz poden producirla a partir de compostos químicos durante a [[dixestión]] das presas, ou en células especializadas chamadas [[fotocito]]s, ou por medio de [[bacteria]]s [[simbiose|simbióticas]] coas que está asociado o organismo.
 
O carácter dos fotóforos é importante para a identificación de [[peixe abisal|peixes abisais]]. Os peixes utilizan os fotóforos principalmente para atraer alimento ou confundir aos depredadores. Os fotóforos atópanse en [[cefalópodos]], como ''[[Watasenia scintillans]]'', unha lura que pode orixinar impresionantes emisións luminosas.