Máquina expendedora: Diferenzas entre revisións

máquina que serve produtos ó cliente automaticamente
Contido eliminado Contido engadido
máquina expendedora
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de decembro de 2014 ás 18:21

Máquina expendedora é un dispositivo mecánico, electromecánico ou electrónico empregado para a venda e distribución de produtos ou servizos. O obxecto é a venda e distribución autónoma, sen presenza humana, e de xeito automático. Existen máquinas expendedoras de todo tipo de produtos e servizos: larpeiradas, bebidas quentes ou frías, comida, artigos comerciais e todo tipo de servizos como entradas ou billetes.

Máquina expendedora de flores de Gairesa na estación de autobuses de Oviedo.

En inglés as máquinas expendedoras son chamadas «vending machine», termo que se aplica a todo o sector como: vending.

Descrición

Unha máquina expendedora en xaral componse de:

  • Carcasa exterior, xeralmente metálica e de seguridade.
  • Pantaia informativa para a selección de artigos, visualización de prezos e crédito.
  • Monedeiro para o cobro e dar voltas da compra.
  • Exposición de produtos e servizos en venda.
  • Caixón de recollida do mercado.