São Paulo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m ordenar
better image quality (GlobalReplace v0.3)
Liña 45:
Estas expansións da industria ata fins da Primeira Guerra Mundial, atraeron primeiro aos inmigrantes estranxeiros; despois atraeu inmigración de brasileiros, de estados do Nordeste e de Minas Xerais. A inmigración de brasileiros intensificouse despois da Segunda Guerra Mundial, sobre todo nos anos [[1950]] ata [[1970]]. A melloría das condicións de [[hixiene]] e saúde despois dos avances da medicina no século XX tamén contribuíron ao aumento das expectativas de vida e redución da [[mortalidade infantil]], posibilitando un aumento acelerado da poboación. No Censo de [[1940]], a cidade tiña 1,3 millón de habitantes; en [[1950]] eran 2,2 millóns; en [[1960]] xa eran 3,8 millóns; en [[1970]], 5,9 millóns; en [[1980]] alcanzáronse os 8,47 millóns.
 
[[Ficheiro:Catedral Metropolitanada de Saoem São Paulo 1 Brasil.jpg|Catedral de São Paulo.|200px|miniatura]]
 
Este vigoroso crecemento nunha escala que non foi coñecida en ningún país europeo, xunto coa demora en crear a súa rede de transporte urbano de alta capacidade (a primeira liña do metro foi inaugurada en [[1975]]), resultou en problemas de tráfico urbano e escaseza de transporte colectivo, pois as persoas vivían cada vez máis lonxe dos seus locais de traballo. Outra consecuencia do rápido poboamento foi o xurdimento de vivendas en condicións precarias (no Brasil, chamadas ''favelas'', ou cando aparecen en edificacións moi antigas e abandonadas, ''cortiços''), polución do aire (fumes dos vehículos) do solo (lixo) e dos [[río]]s (residuos domésticos e industriais) e ausencia de parques e prazas para lecer da poboación.