Análises moleculares de ADN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
A forma de herdar o ADN tamén difire no núcleo e os [[orgánulo]]s: mentres que o ADN núcleo hérdase de forma biparental (como o ADN do núcleo dos animais), o ADN das mitocondrias e o dos cloroplastos das plantas hérdase por parte dun só dos pais, en xeral por parte da nai (do mesmo xeito que as mitocondrias dos animais). Isto é debido a que en xeral os orgánulos que serán transmitidos á xeración seguinte son os que están albergados no óvulo.
 
A orde en que se atopan os xenes nas mitocondrias é variable, e de feito o [[xenoma mitocondrial|xenoma das mitocondrias]] reordénase espontaneamente con moita frecuencia (que se reordene" quere dicir que se corta en pedazos e vólvense a pegar dunha forma distinta da que estaban). Este reordenamento ocorre con tanta frecuencia que mesmo dentro de una mesma planta atópanse xenomas diferentes en mitocondrias diferentes, e por tanto non son útiles para diferenciar especies ou grupos de especies, nin para establecer parentescos.
 
En contraste, o ADN dos cloroplastos é estable (non se reordena con tanta frecuencia), tan estable que se atopan os mesmos arranxos de ADN no [[xenoma do cloroplasto|xenoma dos cloroplastos]] de todos os descendentes dun devanceiro común. É por iso que o ADN dos cloroplastos é o máis utilizado nas análises moleculares de ADN, xa que neles, os reordenamientos son raros e por tanto por unha banda, é máis fácil rastrexar mutacións (que dan información de parentesco), e doutra banda, cando si ocorre un reordenamiento, ao ser tan raros tamén dan información de parentesco.
 
O ADN das mitocondrias reordénase con moita frecuencia, pero as mutacións ocorren con moita menor frecuencia que nos cloroplastos. Por iso, a pesar de que é máis difícil de analizar que o xenoma dos cloroplastos debido aos reordenamentos, o xenoma das mitocondrias foi utilizado nas análises moleculares de ADN en que se buscaban parentescos entre parentes afastados (por exemplo nas anxiospermas basais, Qiu 1999).