Reino de Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig ints
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 36:
 
Conquistadas as [[Illas Baleares]], os esforzos militares de Jaume I diríxense de novo cara os territorios islámicos do sur. No ano [[1233]] planificouse a campaña de [[Alcañiz]], desenvolvida en tres etapas:
* A primeira dirixida ás terras do litoral norte, coa captura de [[Borriana]] no ano [[1233]] e outros enclaves, por exemplo [[Peníscola]].
* A segunda abrangue a zona central coa conquista de [[Valencia]] ([[1238]]) e as terras chas até o [[río Xúcar]], para facelo as cortes xerais de Montsó de [[1236]] concederon a axuda necesaria e o papa [[Gregorio IX, papa|Gregorio IX]] deu á empresa o carácter de [[cruzada]]. [[Puig]] tomouse en agosto de [[1237]], co fracaso dunha escuadra enviada polo rei de [[Tunes]] en auxilio de Valencia. As capitulacións asináronse o [[28 de setembro]] e o rei entrou na cidade o [[9 de outubro]].
* A terceira fase abrangue dende [[1243]] até [[1245]] e chega até os límites estipulados para a conquista entre Aragón e [[Coroa de Castela|Castela]] no Tratado de Almizra no ano [[1244]], asinado entre Jaume I e o [[Afonso X o Sabio|infante Afonso de Castela]] para delimitar as áreas de reconquista das Coroas de Castela e Aragón. As terras ao sur da liña Biar-Busot-[[La Vila Joiosa]] quedaron reservadas para Castela. Posteriormente, os territorios do Reino de Murcia situados ao norte da beira do [[Río Segura|Segura]] son incorporadas ao reino de Valencia por [[Xaime II de Valencia|Xaime II]] trala Sentenza Arbitral de Torrelles ([[1304]]) e [[Elx]] ([[1305]]).