Dadaísmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise con d:Wikidata
Sen resumo de edición
Liña 76:
 
 
En 1917 inaugurouse a Galería Dadá e Tristán Tzara comezou a publicación do periódico ''Dadá''. En [[Nova York]], [[Marcel Duchamp]] e [[Francis Picabia]], ós que se lles achega [[Man Ray]], por estas mesmas datas, xunto co galerista [[Alfred Stieglitz]], comezan a publicación dunha revista chamada [[291]] (o nome tomado do número do apartamento da Quinta Avenida en que se situaba a galería). Ambos artistas adoptaron actitudes iconoclastas similares ás do grupo de Zúric, e en [[1918]], Picabia, tras reunirse ó seu paso por Barcelona as forzas de [[Cravan]], [[Gleizes]] e [[Laurencin]], reúnese co grupo de Zúric en [[LausanneLausana]].
 
En [[1917]] Huelsenbeck establece o movemento dadaísta en [[Berlín]] con [[George Grosz]] e [[Raoul Hausmann]]. En [[1918]] o movemento toma forma tamén en [[Colonia, Alemaña|Colonia]] baixo as directrices do periodista [[Baargel]] e o pintor [[Max Ernst]], ós que se uniu Jean Arp. Pola súa parte Tzara volveu a [[París]] en [[1920]] e puxo en marcha moitas actividades e manifestacións dadaístas para as que contou coa colaboración de [[André Breton]], [[Paul Éluard]], Soupault e Aragón.