Diferenzas entre revisións de «Hugonotes»

lig int
(lig int)
Un dos primeiros organizadores da reforma foi o propio [[Xoán Calvino]] quen dedicou a súa obra fundamental ''A Institución da Relixión Cristiá'' a [[Francisco I de Francia]]. Consecuentemente, os hugonotes crían na salvación por pura [[Graza]], sen mérito por parte do redimido, na autoridade única da [[Biblia]], rexeitaban a Tradición e ás dignidades e ordes eclesiásticas e practicaban unha moral rigorosa fronte o que consideraban unha relaxación dos costumes por parte da [[Igrexa Católica]]. O desenvolvemento destas ideas tivo lugar no Sínodo de París en [[1559]] e foron presentadas a [[Francisco II de Francia]].
 
O avance das novas crenzas callou entre burgueses e algúns nobres e as consecuencias non tardaron en chegar. O ''asunto dos cartaces'' (''affaire des placards'') aldraxando a [[eucaristía]] católica e que chegou á propia cámara real acabou coa protección do católico Francisco I en [[1534]]. Este considerou a acción como un delito de lesa maxestade. As represións por parte da monarquía foron moi duras e se prolongaron no tempo con incidentes que derivaron en sanguentos episodios. Salientou a [[matanza do día de San Bartolomeu]] que se espallou por [[París]], [[Tolosa, Francia|Tolosa]], [[OrleansOrleáns]], [[RouenRuán]], [[Bourges]].
 
O célebre hugonote Henrique de Navarra, pasaríase ao catolicismo para acceder a coroa como [[Henrique IV de Francia]]. Este rei conseguiría acougar os ánimos mediante o [[Edicto de Nantes]] que garantía a liberdade relixiosa. Os hugonotes dominaron cidades e importantes prazas fortes, chegando a constituír un estado protestante dentro do Reino que recibía apoio de potencias estranxeiras.