Lagash: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 35 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q207330
mSen resumo de edición
Liña 12:
Das inscricións atopadas en [[Telloh]], parece que Lagash foi unha cidade de grande importancia no período sumerio, (transcorrido probablemente no terceiro milenio a.C). Foi naquel tempo gobernada por reis independentes, [[Ur-Nanshe]](ca. 2500 ) e os seus sucesores, quen loitaron cos [[elamitas]] no leste e os reis de [[Kengi]] e [[Kish]] no norte e especialmente tiveron unha longa rivalidade con [[Umma]], finalmente o rei [[Eannatum]] (ca.2450) venceu a Umma<ref>Jane McIntosh ''Ancient Mesopotamia: New Perspectives'', París, 2005, páx. 76 </ref>, Elam e as cidades do sur de Sumeria, utilizando o título de rei de Kish<ref>Karen Rhea Nemet-Nejat, ''Daily Life in Ancient Mesopotamia'', Greenwood Press, 1998, páx. 22</ref>. Arredor do 2340 a.C. o rei de Umma, [[Lugalzagesi]], conquistou Lagash<ref>Jack Finegan, ''Archaeological History of the Ancient Middle East'', 1979, páx. 37</ref>, destruíndo os seus templos. Coa conquista semita de Sargón a cidade perde a súa independencia, os seus gobernantes vólvense dependentes de [[Sargón I|Sargón]] de [[Imperio Acadio|Acad]] e dos seus sucesores; pero aínda permanece sumeria e continua sendo unha cidade de moita importancia, sobre todo, un centro de desenvolvemento artístico. Certamente, neste período e baixo a inmediata supremacía dos reis de [[Ur]], [[Ur-Gur]] e [[Dungi]], que alcanzou o seu maior desenvolvemento artístico.
 
[[Ficheiro:Stele of Vultures detail 01-transparent.jpgpng|miniatura|[[Estela dos abutres]], a estela mandouna realizar Eannatum para conmemorar a súa vitoria sobre Umma]]
Neste período, tamén, baixo os peóns, Ur-bau e Gudea, Lagash tivo extensas comunicacións comerciais con reinos afastados. Segundo os seus propios rexistros, [[Gudea]] comprou cedros das montañas do Amanus e do [[Líbano]] en [[Siria]], [[diorita]] de Arabia occidental, [[cobre]] e [[ouro]] de Arabia meridional e central, e do [[Península do Sinaí|Sinaí]], mentres os seus exércitos, presuntamente baixo o seu señor máis superior, Ur-Gur, participaron en batallas en Elam no Leste. Esta foi especialmente éraa de desenvolvemento artístico. Algúns dos primeiros traballos de Ur-Nina, En-anna-turn ou Entemena anteriores á conquista semita son tamén extremadamente interesantes, especialmente o famoso ronsel dos voitres e un gran vaso de prata ornamentado co que podería ser chamado o escudo de Lagash, un aguia con cabeza de león e con ás estendidas, collendo un león con cada garra. Logo de época de Xudea, Lagash parece perder a súa importancia; ou polo menos non sabemos nada sobre ela ata a construción da fortaleza seléucida antes mencionada, cando parece alcanzar parte do reino grego de Characene. Os obxectos atopados en Tello son os tesouros máis valiosos descubertos en Babilonia.