Abrir o menú principal

Cambios

formato
[[Ficheiro:Hecataeus world map-es.svg|thumb|Mapa de Hecateo. Nel represéntase a Terra coñecida (Asia e Europa) como un disco rodeado do Océano.]]
'''Hecateo de Mileto''', (nado en [[Mileto]] sobre o [[-550]] e finado sobre [[-476)]], foi un [[Historiografía grega|historiador grego]]. O primitivo do seu [[método histórico]] clasifícao entre os [[logógrafo]]s. Tamén pode considerárselle precedente da [[xeografía]] e a [[cosmografía]]. Non debe confundirse co seu homónimo [[Hecateo de Abdera]], tamén historiador.
==Traxectoria==
Naceu en [[Mileto]] de rica familia e recibiu o nome da deusa [[Hécate]]. Chegou á madurez no tempo da invasión persa. Tras longas viaxes asentouse na súa cidade natal, onde ocupou altos cargos e dedicouse á composición de traballos históricos e xeográficos. Cando [[Aristágoras]] convocou un consello dos [[Xonia|xonios]] en Mileto para organizar a [[revolta xónica]] contra o poder [[Imperio aqueménida|persa]], Hecateo tratou en balde de disuadir aos seus compatriotas de levala a cabo <ref>[[Heródoto]] 5.36, 125</ref>. No -494, cando os derrotados xonios se viron obrigados a negociaren a rendición, el foi un dos embaixadores ante o [[sátrapa]] persa [[Artafernes (sátrapa)|Artafernes]], ao que persuadiu que permitise a reconstrución das cidades xonias. <ref>[[Diodoro Sículo]], ''Biblioteca histórica'' X.25.</ref>
50.710

edicións