Aparencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{en uso}}
==DefiniónDefinición==
 
A '''aparencia''' é a manifestación externa do aspecto das cousas que percibimos polos sentidos no que non intervén a razón, sendo así un equivalente ó [[fenómeno]]. Igualmente, contamos co termo apariencia sensible que fai referencia os rasgos comprendidos polos sentidos pero que non constitúen a verdadeira realidade das cousas. Deste xeito, todos os conceptos que captamos polos sentidos forman o mundo aparente.
Liña 6:
== Filosofía de Kant ==
Este filósofo afirma que o ser humano non pode coñecer as cousas en sí mesmas, senon que soamente as idetifica tal como as percibe e experimenta. Deste xeito temos o termo [[sensación]] que alude ó efecto dun obxecto sobre a facultade representativa, cando nos vemos afectados por el, guíandonos pola subxectividade. A intución sería unha percepción calquera que se refire ó obxecto. Ademais, temos a intuición empírica que é a que alude a un obxecto facendo uso das sensacións. Finalmente, o fenómeno é o obxecto indeterminado da intuición empírica, algo que é aparente. 
 
== Filosofía de Parménides e Platón ==
A contraposición entre o aparente e o real constitúe a esencia do pensamento de Parménides de Elea. Este filósofo distinguía a ''vía da verdade'', que se fundamenta na razón e lévanos ó verdadeiro, e a ''vía da opinión'', que é a que nos mostra unha realidade enganosa, unha apariencia.
 
Deste xeito podemos dicir que a aparencia oculta a verdadeira realidade e, o mesmo tempo, é a realidade mesa, a súa manifestación.
 
Tendo en conta a primeira afirmación, Platón dinos que o mundo sensible é un reflexo do mundo ideal, polo tanto, é unha aparencia del. Constituíndo este último a verdadeira realidade. Non obstante, todo o que digamos deste mundo nunca vai chegar a ser o verdadeiro coñecemento, simplemente vai quedar coma unha opinión porque son unha copia imperfecta das ideas.