Diferenzas entre revisións de «Napoleón I de Francia»

Finalmente, ademais do propio Bonaparte, os outros dous cónsules definitivos serán [[Cambecérès]], un prestixioso xurista que votara a prol da execución do rei, e [[Lebrun]] experto en finanzas e un antigo monárquico reformista acomodaticio cos novos tempos. Napoleón instalouse nas [[Tullerías]] e iniciou un traballo frenético en tódolos terreos.
 
O primeiro desafío era conter o avance de austríacos e rusos que expulsaran o exército francés de Italia. Decontado Napoleón ofertou a paz a [[Austria]] e a [[Inglaterra]]. Rexeitada esta, tomou o mando das tropas en Italia, cruzou os Alpes e en menos dun mes chegou a [[Milán]], e logrou manobrar sobre a retagarda dos austríacos. Procurou atraer o groso do exército inimigo e asestarlle un golpe decisivo. Este tivo lugar coa vitoria de [[Marengo]] ([[14 de xuño]] de [[1800]]). Austria resignouse a volver á situación da paz de Campoformio. En 1802 Napoleón restaurou o Estado Pontificio e proclamouse primeiro Cónsul da República Italiana.
 
En 1802 Napoleón restaurou o Estado Pontificio e proclamouse primeiro Cónsul da República Italiana.En 1803, outorgou aos cantóns suízos un texto constitucional denominado Acta de Mediación que restablecía o réxime confederal nunha República Helvética satélite de Francia pero mantiña os avances revolucionarios importados desta como a supresión das aduanas interiores.
 
Os triunfos militares consolidaron a súa posición. No interior tanto a oposición xacobina como a realista organizaron varios complots. O [[24 de decembro]] de 1800, un estoupido ao paso da carruaxe do primeiro cónsul causou 22 mortos, pero o atentado non acadou o seu obxectivo. Estes feitos foron a escusa perfecta para desencadear detencións e fusilamentos, ao tempo que puñan a opinión pública ao seu favor. Napoleón foi elixido mediante plebiscito cónsul vitalicio en 1802. Unha nova consulta gañada por inmensa maioría deu lugar ao paso definitivo: O [[2 de decembro]] de [[1804]], coroouse como Emperador de Francia en [[Notre Dame de París]] baixo o nome de '''Napoleón I'''. Á solemne cerimonia asistiu como testemuña o [[Pío VII, Papa|Papa Pío VII]]. Esvaíase así o ideal revolucionario.
Usuario anónimo