Análise: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 14:
 
== Tipos de análises ==
Pódese contemplar facilmente o que é o proceso da análise en ramas da ciencia coma as matemáticas e a química.
 
=== Análise matemática ===
Dentro do mundo das matemáticas, a análise é unha rama que consiste no estudo dos números reais, os complexos e as construcións derivadas a partir deles, así como as funcións entre eses conxuntos e construcións derivadas. Asimesmo, ten como conceptos fundamentais a función, o límite e a continuidade; abarca o cálculo diferencial e integral, as ecuacións diferenciais e integrais, a teoría de funcións, o cálculo de variacións, a análise vectorial e a xeometría diferencial.
Liña 20:
=== Análise química ===
A análise química é a ciencia que estuda o conxunto de principios, leis e técnicas mediante as cales se pretende determinar a composición química dunha mostra natural ou artificial. Divídese en analítica cualitativa e analítica cuantitativa. A primeira céntrase en coñecer os elementos que forman as mostras, mentres que a segunda determina as cantidades dos devanditos elementos.
 
== Plantexamento Kantiano da análise ==
Kant considera que a análise forma parte da teoría xeral da ciencia, afirmando que ''ao'' ''eliminar da ciencia os xuicios analíticos e ao facer dos xuicios sintéticos a priori a condición mema da construción científica. ''Por outra parte, determina síntese coma un antónimo de análise. Segundo a súa teoría, a síntese consiste no exame dos aspectos xerais dun obxeto, mentres que na análise descompóñense cada un dos seus elementos. Non obstante, débese diferenciar cando existe unha relación de identidade entre cada unha das partes e o total, e cando non. En definitiva, o concepto de análise non ten un significado gnoseolóxico exento, é dicir, vai ligado a un contexto ou teoría. A grandes rasgos, afirma que a análise equivale á conexión idéntica total, mentres que a síntese abarcaría todo aquilo que non é analítico.