Napoleón I de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 86:
Austria aceptou unha rendición humillante: asinou o [[Tratado de Pesburgo]] (20 de decembro de 1805), e cedeu Venecia, Dalmacia e o Tirol e Lindau. [[Prusia]] e [[Austria]] recoñeceron a [[Confederación do Rin]], na que Napoleón experimentou un primeiro ensaio de unidade dos principados alemáns, todos eles submisos ao seu poderío. Secularizou os principados eclesiásticos e xerou un contrapoder de pequenos estados alemáns fronte a Prusia. O 6 de agosto de 1806, [[Francisco II de Austria]] foi obrigado a renunciar á coroa imperial, chegando así á súa fin a milenaria historia do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]].
 
O poderío en Europa central era total, pero a derrotas da frota franco-española a mans de Robert Calder na [[Terceira batalla do cabo Fisterra]] e de Nelson en [[Batalla de Trafalgar|Trafalgar]], consolidouconsolidaron o dominio británico dos mares. Abandonada a idea de invadir Inglaterra, ordenou o bloqueo continental co fin de atafegala comercialmente.
 
En 1806 un ultimato de Prusia, Rusia e Saxonia esixiu a retirada das tropas francesas da beira dereita do Rin e a desaparición da Confederación do mesmo nome; erguíase a cuarta coalición. Un primeiro choque acabou coa vida do príncipe Luis Fernando en [[Saafeld]]. Napoleón venceu en [[Jena]] e [[Auerstadt]] e entrou en [[Berlín]]. Perseguiu as tropas prusianas, que foron aniquiladas en Prenzlau, Lübeck, Ratkau e Magdebourg. En pouco máis dun mes de campaña as forzas xermanas comandadas por Blücher e o príncipe de Hohenlohe quedaron reducidas á nada.