Diferenzas entre revisións de «Napoleón I de Francia»

===Dono de Europa===
[[Ficheiro:Ingres, Napoleon on his Imperial throne.jpg|miniatura|Napoleón I.]]
En 1805, creouse a terceira coalición internacional, que declarou a guerra a Napoleón. EsteAo non conseguir o control dos mares, Napoleón abandona a idea de invadir Gran Bretaña e organiza unha fulgurante marcha cara Austria. A principios de outubro os xenerais [[Murat]] e [[Soult]] vencen a un sorprendido exército austríaco en Donauworth e cruzan o Danubio. Tras a vitoria de Elchingen, Napoleón atrapou ao exército austríaco en [[Ulm]]. Caeron 50.000 prisioneiros e tomou Viena. Nun alarde estratéxico espectacular e nun falso intento de retirada envolveu e esmagou o groso do exército austríaco e ruso en [[Austerlitz]] e deixou fóra de xogo as tropas prusianas. Malia a súa inferioridade numérica, os franceses perderon só 8.000 homes fronte aos 35.000 aliados.
 
Austria aceptou unha rendición humillante: asinou o [[Tratado de Pesburgo]] (20 de decembro de 1805), e cedeu Venecia, Dalmacia e o Tirol e Lindau. [[Prusia]] e [[Austria]] recoñeceron a [[Confederación do Rin]], na que Napoleón experimentou un primeiro ensaio de unidade dos principados alemáns, todos eles submisos ao seu poderío. Secularizou os principados eclesiásticos e xerou un contrapoder de pequenos estados alemáns fronte a Prusia. O 6 de agosto de 1806, [[Francisco II de Austria]] foi obrigado a renunciar á coroa imperial, chegando así á súa fin a milenaria historia do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]].
Usuario anónimo