Diferenzas entre revisións de «Napoleón I de Francia»

O poderío en Europa central era total, pero a derrotas da frota franco-española a mans de Robert Calder na [[Terceira batalla do cabo Fisterra]] e de Nelson en [[Batalla de Trafalgar|Trafalgar]], consolidou o dominio británico dos mares. Abandonada a idea de invadir Inglaterra, ordenou o bloqueo continental co fin de atafegala comercialmente.
 
En 1806 un ultimato de Prusia, Rusia e Saxonia esixiu a retirada das tropas francesas da beira dereita do Rin e a desaparición da Confederación do mesmo nome; erguíase a cuarta coalición. Un primeiro choque acabou coa vida do príncipe Luis Fernando en [[Saafeld]]. Napoleón venceu en [[Jena]] e [[Auerstadt]] e entrou en [[Berlín]]. Perseguiu as tropas prusianas, que foron aniquiladas en Prenzlau, Lübeck, Ratkau e Magdebourg. En pouco máis dun mes de campaña as forzas xermanas comandadas por Blücher e o príncipe de Hohenlohe quedaron reducidas á nada.
 
Rusia seguía coas espadas en alto. Napoleón avanzou ao seu encontro cruzando [[Polonia]] como un liberador. En maio de 1807, caía a estratéxica [[Dantzig]], o que supuxo a rendición dun exército aliado de 11.000 homes e a fin da ameaza para a á esquerda da invasión francesa.
Usuario anónimo