Diferenzas entre revisións de «Napoleón I de Francia»

===Dono de Europa===
[[Ficheiro:Ingres, Napoleon on his Imperial throne.jpg|miniatura|Napoleón I.]]
En 1805, creouse a terceira coalición internacional, que declarou a guerra a Napoleón. Este venceu en [[Saafeld]] e atrapou ao exército austríaco en [[Ulm]]. Caeron 50.000 prisioneiros e tomou Viena. Nun alarde estratéxico espectacular e nun falso intento de retirada envolveu e esmagou o groso do exército austríaco e ruso en [[Austerlitz]] e deixou fóra de xogo as tropas prusianas. Malia a súa inferioridade numérica os franceses perderon só 8.000 homes fronte aos 35.000 aliados.
 
Austria aceptou unha rendición humillante: asinou o [[Tratado de Pesburgo]] (20 de decembro de 1805), e cedeu Venecia, Dalmacia e o Tirol e Lindau. [[Prusia]] e [[Austria]] recoñeceron a [[Confederación do Rin]], na que Napoleón experimentou un primeiro ensaio de unidade dos principados alemáns, todos eles submisos ao seu poderío. Secularizou os principados eclesiásticos e xerou un contrapoder de pequenos estados alemáns fronte a Prusia. O 6 de agosto de 1806, [[Francisco II de Austria]] foi obrigado a renunciar á coroa imperial, chegando así á súa fin a milenaria historia do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]].
En 1806 un ultimato de Prusia, Rusia e Saxonia esixiu a retirada das tropas francesas da beira dereita do Rin e a desaparición da Confederación do mesmo nome; erguíase a cuarta coalición. Napoleón venceu en [[Jena]] e entrou en [[Berlín]]. Perseguiu as tropas prusianas, que foron aniquiladas en Prenzlau e Ratkau. En pouco máis dun mes de campaña as forzas xermanas quedaron reducidas á nada.
 
Rusia seguía coas espadas en alto. Napoleón avanzou ao seu encontro cruzando [[Polonia]] como un liberador. TrasEn a dura vitoriamaio de [[Eylau]]1807, conseguiucaía derrotar con claridade o exército rusoa enestratéxica [[FriedlandDantzig]],o (xuñoque desupuxo 1807).a Nestarendición batalla,dun conexército 20.000aliado baixas, porde 811.000 dashomes francesas,e osa rusosfin perderonda máisameaza dopara 30a %á dosesquerda seusda efectivos.invasión O mariscal francés [[Soult]] apoderouse de [[Königsberg]]francesa. [[Murat]] ameazou as fronteiras naturais da Santa Rusia.
 
Tras a dura vitoria de [[Eylau]], conseguiu derrotar con claridade o exército ruso en [[Friedland]] (xuño de 1807). Nesta batalla, con 20.000 baixas, por 8.000 das francesas, os rusos perderon máis do 30 % dos seus efectivos. O mariscal francés [[Soult]] apoderouse de [[Königsberg]]. [[Murat]] ameazou as fronteiras naturais da Santa Rusia.
 
Os éxitos militares franceses forzaron o tsar [[Alexandre I de Rusia|Alexandre I]] a asinar a [[Paz de Tilsit]], pola que Francia quedaba como dona da Prusia Oriental e [[Polonia]]. Napoleón creou dous novos estados satélites: o reino de [[Wetsfalia]] que entregou ao seu irmán [[Xerome Bonaparte]] e o [[Gran Ducado de Varsovia]], primeira experiencia dun estado polaco contemporáneo.
Usuario anónimo