Diferenzas entre revisións de «Napoleón I de Francia»

Cando Napoleón chegou de Exipto lanzou unha dura invectiva contra o Directorio: ''Que fixestes da Francia que eu vos deixei puxante?''. Coa revolución estancada nunha dura crise e exhausta despois de duras represións e conflitos, o sentir popular buscaba un cambio enérxico. O 10 de novembro de 1799 (18 e Brumario, ano VII) Napoleón derrubou o Directorio e disolveu o Consello dos Cincocentos coa axuda do Presidente da Asemblea, o seu irmán Luciano: a toma do Poder estaba consumada. Constituíu un triunvirato de cónsules con el á cabeza. Os outros dous cónsules serán provisionalmente [[Joseph Sieyès]] e [[Roger Ducos]]. [[Fouché]] como xefe de orde pública e [[Talleyrand]] en Asuntos Exteriores serán, nembargantes, os persoeiros fundamentais do novo réxime.
 
Finalmente, ademais do propio Bonaparte, os outros dous cónsules definitivos serán [[Cambecérès]], un prestixioso xurista que votara a prol da execución do rei, e [[Lebrun]] experto en finanzas e un antigo monárquico reformista acomodaticio cos novos tempos. Napoleón instalouse nas [[Tullerías]] e iniciou un traballo frenético en tódolos terreos.
 
O primeiro desafío era conter o avance de austríacos e rusos que expulsaran o exército francés de Italia. Decontado Napoleón ofertou a paz a [[Austria]] e a [[Inglaterra]]. Rexeitada esta, tomou o mando das tropas en Italia, cruzou os Alpes e en menos dun mes chegou a [[Milán]], e logrou manobrar sobre a retagarda dos austríacos. Procurou atraer o groso do exército inimigo e asestarlle un golpe decisivo. Este tivo lugar coa vitoria de [[Marengo]] ([[14 de xuño]] de [[1800]]). Austria resignouse a volver á situación da paz de Campoformio. En 1802 Napoleón restaurou o Estado Pontificio e proclamouse primeiro Cónsul da República Italiana.
Usuario anónimo