Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 109:
[[Inglaterra]] representa máis da metade da superficie total do Reino Unido, abarcando 130.395 quilómetros cadrados. A maioría do país está formado por terras baixas, con areas montañosas cara o noroeste, incluíndo as montañas de [[Cumbria]] do Lake District, os [[Peninos]] e os outeiros de [[calcaria|pedra calcaria]] do Peak District, Exmoor e Dartmoor. Os principais ríos e esteiros son o [[río Támesis|Támesis]], o [[río Severn|Severn]] e o [[río Humber|Humber]]. A montaña máis alta de Inglaterra é o Scafell Pike (978 [[msnm]]) no Lake District. Outros ríos importantes son o Tees, o Tyne, o Tweed, o Avon, o Exe e o Mersey.
 
[[Escocia]] representa un pouco menos dun terzo da superficie total do Reino Unido, cubrindo 78.772 quilómetros cadrados, e entre eles case 800 illas, principalmente ao oeste e ao norte da illa principal, as máis destacadas son as [[Hébridas]], as [[Órcadas]] e as [[Shetland]]. O principal trazo característico da [[topografía]] escocesa é a [[Falla|falla xeolóxica]] das [[Highlands]] que atravesa o país dende [[Arran]], ao oeste, até [[Stonehaven]], ao leste. Está liña da falla separa dúas rexións claramente diferenciadas: as [[Highlands|terras altas ao norte e ao oeste]] (''Highlands'') e as [[Terras Baixas Escocesas|terras baixas do sur e do leste]] (''Lowlands''). As terras altas, a rexión máis agreste, contén a maioría das terras montañosas, incluíndo o [[Ben Nevis]], que con 1.343 [[msnm]] é o punto máis alto das [[Illas Británicas]]. As terras baixas, en especial a estreita franxa entre os [[estuario]]s de [[Estuario de Clyde|Clyde]] e o [[Estuario de Forth|Forth]], coñecida como o ''Central Belt'', é o lugar de residencia da maioría da poboación, incluída a cidade de [[Glasgow]], cidade máis poboada de Escocia, e [[Edimburgo]], a súa capital.
 
[[Gales]] abrangue menos dunha décima parte da superficie total do Reino Unido, cubrindo 20.779 quilómetros cadrados. A súa orografía é principalmente montañosa, aínda que menos no sur que no centro e o norte. A meirande parte da poboación e as principais zonas industriais atópanse no sur, onde están as cidades costeiras de [[Cardiff]], [[Swansea]] e [[Newport]]. As montañas máis altas de Gales están en [[Snowdonia]], incluíndo o Snowdon (en [[lingua galesa|galés]]: ''Yr Wyddfa''), que con en 1.085 [[msnm]] é o pico máis alto do país. As catorce, ou quizais quince, montañas galesas de máis de 3.000 [[pé (medida)|pés]] (914 [[metro|m]]) de altitude coñécense colectivamente como os ''Welsh 3000s''. Gales ten máis de 1.200 quilómetros de costa. Hai varias illas fronte á parte continental de Gales, sendo a maior [[Anglesey]] (en [[lingua galesa|galés]]: ''Ynys Môn'') ao noroeste.