Vanuatu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiño
Liña 57:
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] utilizou as illas Efaté e Espírito Santo como bases militares, o cal inxectou divisas ao país e sobre todo novas formas de pensar, feito que abriu a Vanuatu o camiño á súa independencia. En [[1957]] estableceuse un Consello Asesor. Na década de [[1960]], os aborixes nin-Vanuatu reclamaban o autogoberno e a posterior independencia; en [[1974]] os nacionalistas gañaron a elección do Parlamento que abolía ao Consello Asesor e en [[1978]] creouse un gabinete encargado por un [[Ministro Xefe]].
 
En [[1979]] promulgouse a Constitución que estableceu parlamentos rexionais nas illas de Espírito Santo e Tanna. Ao ano seguinte, [[Jimmy Stevens]], líder da agrupación ''Na-Griamel'', organizou unha revolta en Espírito Santo e proclamou o Estado Independente de Vemarana. Logo Vanuatu obtivo a independencia plena o [[30 de xullo]] de [[1980]] con [[Walter Lini]] como [[Primeiro Ministro]]; a pedido deste, tropas de [[Papúa Nova Guinea]], [[Australia]] e [[Nova Zelandia]] restauran a orde en Espírito Santo. En [[1981]] ingresa na [[ONU]] e en [[1983]] ao [[Movemento de Países nonNon Aliñados]].
 
En febreiro de [[1984]], o [[presidente]] [[George Sokomanu]] renunciou logo de declararse culpable de atrasar o pago dos impostos, pero resultou reelixido ao mes seguinte. En [[1985]] a Unión de Partidos Moderados acusou ao goberno de restrinxir os dereitos humanos e os dereitos de organización. En febreiro de [[1987]] un ciclón destruíu [[Port Vila]], a capital, e causou aproximadamente 50 mortos. En decembro de [[1988]], no medio dunha crise política provocada por rivalidades entre o primeiro ministro Lini e [[Barak Sope]], secretario xeral do Vanuakku Pati, o presidente Sokomanu disolveu o Parlamento e nomeou a Sope como primeiro ministro interino, pero ambos foron arrestados polas forzas leais a Lini; ao ano seguinte foi elixido como presidente [[Fred Timakata]].