Agurain: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arraxiños diversos
apeadeiro ==> apeadoiro
Liña 93:
A entrada á vila facíase polo lado Norte (antigo Hospital da Madalena) mentres que a saída se realizaba polo lado Oeste (zona do cemiterio, aínda que se pode ver o escudo dos Bikuña sobre a porta).
 
Seguindo dirección Vitoria-Gasteiz e tras pasar un polígono industrial, por unha parcelaria que pasa por debaixo da autovía chégase a Gazeo. Tras pasar xunto á igrexa de San Martín de Tours (de novo asfalto) sáese pola estrada que se dirixe cara ao sur, ata Langarika e antes de pasar a ponte sobre o ferrocarril xirar á dereita levaranos até Ezkerekotxa. Nesta vila, tras dirixirse ao apeadeiroapeadoiro, e tras deixalo á esquerda ascéndese por unha costenta estrada asfaltada ao alto de Txintxetru. Unha vez no alto a estrada que pasa por encima do túnel (asfaltada) xira á esquerda (cara á vila), cóllese a parcelaria que segue paralela ás vías do tren até chegar á estrada asfaltada (A-3113) que vai á vila de Alegria-Dulantzi.
 
A rota neste punto sepárase do ferrocarril para a dereita (cen metros cara o norte) e para tomar de novo unha parcelaria occidental, que nos levará a ermida de Nosa Señora de Ayala ([[século XIII]]). Dende este punto séguese sempre dirección oeste até chegar á ermida de Arrarain, considerada como un dos exemplares máis antigos do románico alavés. Unha vez chegado a Elburgo, divísase sobre a colina o mosteiro de Estíbaliz, ao que se pode acceder tomando unha pista que cruza o propio camiño e andar oitocentos metros até acadar o mosteiro.