Crecente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
actualizo datos do emprego do galego
ahí ==> aí
Liña 85:
Durante a [[idade do ferro]], coa [[cultura castrexa]] construíronse varios [[castro (poboado)|castros]]: castro da Cidá ou castro de Sabanle, na parroquia de Quintela, onde se atoparon un [[tríscele]] (conservado no [[Museo de Pontevedra]]) e un torso de guerreiro castrexo (no [[Museo Quiñones de León]] de [[Vigo]]). Os castros do Cerco (na aldea de Bouza de Padrosos), o de Coutofurado ou de San Sebastián, en Parada de Rebordechán e o do lugar de Castro no propio Crecente están todos eles romanizados. Durante a [[romanización de Galicia|dominación romana]] construíuse unha calzada bordeando o [[río Miño]], e unha torre (orixe da de Fornelos).
 
Na [[idade media]] a zona formou parte do [[condado de Turonia]], fronteira durante o [[Reino de Asturias]] e logo demarcación entre os condados de Galicia e Portugal, pertencendo parte dese concello á raíña Dona Tareixa (nai do futuro rei de Portugal Don Henriques). Ó ser lugar de fronteira sufriu diversas escaramuzas e de ahí proveñen as fortificacións de Fornelos e Sendelle, sendo as diversas parroquias posesións de diversos señores feudais, entre os que destacan os [[orde do Temple|templarios]] (que fundaron o [[mosteiro de San Pedro de Crecente]]) o [[mosteiro de Melón]], e a liñaxe dos Soutomaior. Esta familia obtivo numerosos bens e os seus conflitos foron moi soados.
 
O rei [[Fernando IV de España]] outorgou a [[Fernando Yáñez]] o señorío de Crecente. Durante a [[idade moderna]], xa en [[1642]], o rei [[Filipe IV de España]] concedeu o título de conde de Crecente a Baltasar de Soutomaior por intercesión dun familiar seu na corte de Madrid. Durante a Guerra de Restauración Portuguesa Crecente volveu ó ambiente militar, coa refortificación de Fornelos e varios outeiros para impedir ataques e lanzar ofensivas ó país veciño, aínda que estivo lonxe dos grandes conflitos bélicos desta guerra, que sucedían en [[Salvaterra de Miño]].