Análise: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{En uso}} == Análise == Unha análise (do grego ἀνάλυσις, composto polo prefixo ἀνά, que significa totalmente, e λυειν, acción) é un estudo dun elemento para..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{En uso}}
 
== Análise ==
Unha análise (do grego ἀνάλυσις, composto polo prefixo ἀνά, que significa totalmente, e λυειν, acción) é un estudo dun elemento para coñecer as súas características, calidades ou o seu estado, co fin de determinar os seus fundamentos, bases e motivos da súa creación, orixe e xurdimento, para así poder sacar conclusións.
 
A análise é unha das catro regras do método de investigación proposto por Renée Descartes
 
== Proceso de analizar ==
=== Análise estrutural ===
Para comezar, débese observar o problema na súa área externa completa. Esta acción permite concretar as características e parámetros específicos que serán posteriormente analizados máis profundamente. Asimesmo, establécense as variables que serán examinadas máis detalladamente e estudadas na '''análise exhaustiva. '''Este proceso tamén se tende a denominar '''análise sintético. '''
 
=== Análise exhaustiva ===
Na análise exhaustiva dívidese o conxunto do problema en pequenas partes e elementos principais. A continuación investígase cada un polo miúdo, o que permite revelar a procedencia e a finalidade de cada un dos suxeitos estudados.
 
== Tipos de análises ==
 
=== Análise matemática ===
Dentro do mundo das matemáticas, a análise é unha rama que consiste no estudo dos números reais, os complexos e as construcións derivadas a partir deles, así como as funcións entre eses conxuntos e construcións derivadas. Asimesmo, ten como conceptos fundamentais a función, o límite e a continuidade; abarca o cálculo diferencial e integral, as ecuacións diferenciais e integrais, a teoría de funcións, o cálculo de variacións, a análise vectorial e a xeometría diferencial.
 
=== Análise química ===