Análise: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{En uso}} == Análise == Unha análise (do grego ἀνάλυσις, composto polo prefixo ἀνά, que significa totalmente, e λυειν, acción) é un estudo dun elemento para..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2014 ás 19:38

Análise

Unha análise (do grego ἀνάλυσις, composto polo prefixo ἀνά, que significa totalmente, e λυειν, acción) é un estudo dun elemento para coñecer as súas características, calidades ou o seu estado, co fin de determinar os seus fundamentos, bases e motivos da súa creación, orixe e xurdimento, para así poder sacar conclusións.

Proceso de analizar

Análise estrutural

Para comezar, débese observar o problema na súa área externa completa. Esta acción permite concretar as características e parámetros específicos que serán posteriormente analizados máis profundamente. Asimesmo, establécense as variables que serán examinadas máis detalladamente e estudadas na análise exhaustiva.

Análise exhaustiva

Na análise exhaustiva dívidese o conxunto do problema en pequenas partes e elementos principais. A continuación investígase cada un polo miúdo, o que permite revelar a procedencia e a finalidade de cada un dos suxeitos estudados.