Clorofila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 89:
 
 
:1. A clorofila ''b'' caracteriza os plastos das [[Chlorophyta|algas verdes]] e dos seus descendentes as plantas terrestres ([[Reino (bioloxía)|reino Plantae]]). Eses plastos, e os organismos que os portan, son de cor verde. Tamén se encontran plastos verdes nalgúns grupos de protistas que asimilaron algas verdes unicelulares [[endosimbiose|endosimbiontes]] adquirindo así plastos secundarios. Podemos citar as [[Euglenophyta|euglenas]], os [[Chlorarachniophyta|cloraracniófitos]] e algúns [[DinoflaxellataDinoflagellata|dinoflaxelados]], como [[Gymnodinium]] viride. Tamén se encontra nalgunhas cianobacterias (as ''cloroxibacterias''), que por iso son de cor verde planta en vez de azuladas; desde xa hai algún tempo atribuíuselles por este trazo o carácter de antepasados dos plastos verdes, mais despois comprobouse que é un carácter adquirido independentemente en varias liñas separadas.
:2. As clorofilas ''c<sub>1</sub>'' e ''c<sub>2</sub>'' son características dun extenso e diverso [[clado]] de protistas que coincide máis ou menos co superfilo [[Chromista]] e que inclúe grupos tan importantes como as [[Phaeophyceae|algas pardas]], as [[Bacillariophyta|diatomeas]] ou os [[Haptophyta|haptófitos]].
:3. A clorofila ''d'' só se coñeceu durante decenios por unha observación illada e non repetida nunha [[Rhodophyta|alga vermella]]. Logo encontrouse nunha cianobacteria (''Acariochloris mariña''), que parece especialmente apta para explotar luz vermella cando crece baixo certas [[Urochordata|ascidias]]. Non debe en todo caso interpretarse da táboa que a súa presenza é unha característica común das algas vermellas.