Virtude: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 11:
As virtudes teologais son a fe, a esperanza e a caridade.
 
A [[fe]] é a virtude teologal pola que cremos en Deus e en todo o que el nos revelou, e que a Igrexa nos propón crer, dado que Deus é a Verdade mesma. Pola fe, o home abandónase libremente a Deus; por iso, o que cre trata de coñecer e facer a vontade de Deus, xa que «a fe actúa pola caridade».
 
A [[esperanza]] é a virtude teologal pola que desexamos e esperamos de Deus a vida eterna como a nosa felicidade, confiando nas promesas de Cristo, e apoiándonos na axuda da graza do Espírito Santo para merecela e perseverar ata o fin da nosa vida terrea.
 
A [[caridade]] é a virtude teologal pola cal amamos a Deus sobre todas as cousas e ao noso próximo como a nós mesmos por amor a Deus. Jesús fai dela o mandamento novo, a plenitude da Lei. Ela é «o vínculo da perfección» é o fundamento das demais virtudes, ás que anima, inspira e ordena: sen ela «non son nada» e «nada me aproveita».
== Virtudes humanas ==
As [[virtudes humanas]] son perfeccións habituais e estables do entendemento e da vontade, que regulan os nosos actos, ordenan as nosas paixóns e guían a nosa conduta en conformidade coa razón e a fe. Adquiridas e fortalecidas por medio de actos moralmente bos e reiterados, son purificadas e elevadas pola graza divina.
 
As principais virtudes humanas son as denominadas [[:es:Virtudes_cardinales|cardinales]], que agrupan a todas as demais e constitúen as bases da vida virtuosa. Son a prudencia, a xustiza, a fortaleza e a temperanza.
 
A [[prudencia]] dispón a razón a discernir, en cada circunstancia, o noso verdadeiro ben e a elixir os medios adecuados para realizalo. É guía das demais virtudes, indicándolles a súa regra e medida.
 
A [[xustiza ]]consiste na constante e firme vontade de dar aos demais o que lles é debido.
 
A [[fortaleza]] asegura a firmeza nas dificultades e a constancia na procura do ben, chegando mesmo á capacidade de aceptar o eventual sacrificio da propia vida por unha causa xusta.
 
A [[temperanza]] modera a atracción dos praceres, asegura o dominio da vontade sobre os instintos e procura o equilibrio no uso dos bens creados.
 
 
Liña 34:
* [[Virtudes cristianas]]
* [[Virtudes romanas]]
* ''[[Ética nicomáquea]]''
 
== Bibliografía adicional ==