Falsas decretais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 10 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1760625
Sen resumo de edición
Liña 10:
A colección é parte dun conxunto de falsificacións, todas saídas do mesmo taller. Destacan a ''Hispana Gallica Augustodunensis'', unha falsificación da ''Collectio Hispana''; os ''Capitulaires'' de Benoît lle Lévite e os ''Capitula Angilramni''. Recentemente outros dous textos foron identificados como produtos do mesmo taller: un florilegio das actas do [[concilio de Calcedonia]] reveladas en certos manuscritos das ''Falsas decretales'' e a ''Collectio Danieliana'' unha recompilación de textos sobre os procedementos criminais en dereito eclesiástico, compilado nun único manuscrito da Burgerbibliothek de [[Berna]].
 
Estes apócrifos constan na súa forma máis completa dun sesenta decretales, todas falsas, dos papas dos tres primeiros séculos da era cristiá, ademais de concilios gregos, africanos, galos e visigóticos, como os contidos na ''Collectio Hispana'', con algunhas falsificacións, así mesmo dunha recompilación de decretales dos papas [[Silvestre I]] a [[Gregorio II, papa|Gregorio II]]. Nesta última parte atópanse pezas perfectamente falsificadas e interpoladas, así como máis de trinta cartas papais falsas.
 
== Contexto ==