Deber: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{en uso}}"
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{en uso}}
 
 
''Obriga ética ou legal''
''Estar obrigado a facer algo''
 
O deber posúe un carácter obrigatorio. É o que non pode ser doutra forma e que nace dun mandato.
É un termo que transmite un sentido de compromiso moral ou obriga de alguén ou algo. O compromiso moral debe determinar unha acción; que non é unha cuestión de sentimento pasivo ou mero recoñecemento. Cando alguén recoñece un deber, esa persoa teóricamente comprométese ao seu cumprimento sen ter en conta o seu propio interese.
 
 
== DEBER MORAL ==
O concepto de deber ocupa un dos lugares centrais da nosa linguaxe moral. Referímonos con el aos mandatos e obrigas mediante os cales modificamos a nosa [[conduta]] e, en xeral, ao conxunto de esixencias que conforman a nosa [[vida cotiá]].
Engadir a [[moralidade]] ao deber implica introducir un factor diferenciador esencial, convirtese agora nunha [[autoobriga]], nunha [[autolimitación]], que, a diferenza doutro tipo de [[coaccións]], enfróntase só ás sancións internas derivadas da nosa propia [[conciencia]] da [[responsabilidade]] da acción. Como todas as formas de obriga, o deber moral limita o ámbito posible de elección e, polo tanto, de actuación.
 
O significado do termo "deber" é: a necesidade moral de realizar certas accións sen outro motivo que a obediencia a algunha [[autoridade]] superior, sen ter en conta ningún obxectivo persoal, [[motivación]], [[desexo]] ou interese
 
Na teoría ética, "deber" refírese á noción de que o home *debe* obedecer os ditados dunha autoridade sobrenatural. A pesar de que a autoridade da [[vontade]] de Deus se atribúe hoxe a entidades terreais como pais de familia, [[País]], [[Estado]], [[humanidade]], etc
 
 
 
== DEBER PARA KANT ==
 
En xeral o deber é, a obriga ou necesidade de actuar moralmente. A noción de deber adquire un especial significación na [[filosofía kantiana]], de carácter formal, na que o deber convírtese na fonte da obriga moral e, por iso, na fonte da moralidade. O concepto de deber, que contén o dunha vontade boa é, para [[Kant]], a necesidade dunha acción por respecto á lei moral.
 
== DEBER COMO ANTICONCEPTO ==
 
Un dos anti-conceptos máis destrutivos na historia da filosofía moral é o termo "deber".
Un anti-concepto é un termo artificial, innecesario e racionalmente inútil, creado co fin de substituír e borrar algún concepto que si é [[lexítimo]].
O termo "deber" destrúe máis que conceptos individuais; nega todas as cousas esenciais para unha visión [[racional]] da vida e fai que se volvan inaplicables ás accións do home...
 
Quen pode ter o dereito a esixir ese tipo de [[submisión]] ou obediencia?
Esa é a forma correcta de facer a pregunta, porque nada nin ninguén pode ter tal dereito ou esixencia aquí na [[Terra]].
Se un aceptase iso, o anti-concepto de "deber" destrúe o concepto de [[realidade]]: hai un poder inexplicable e sobrenatural que ten prioridade sobre os feitos e dita as accións dun, independentemente do contexto ou das consecuencias.
 
O "deber" destrúe a [[razón]]: substitúe o coñecemento e o [[xuízo]] dun, facendo que o proceso de pensar e de xulgar sexa irrelevante para as súas accións.
O "deber" destrúe os valores: esixe que un traizoe ou sacrifique os seus valores máis altos por orde dun mandato inexplicable, e converte aos valores nunha ameaza para o valor moral dun, posto que a experiencia do pracer ou do desexo pon en dúbida a pureza moral dos propios motivos.
 
Se un acepta ese pesadelo en nome da moralidade, a ironía é que o "deber" destrúe a moralidade. Unha teoría [[deontolóxica]] (centrada no deber) da ética relega os principios morais a unha lista de "deberes" prescritos, deixando ao resto da vida do home sen ningunha guía moral, esgazando a moralidade de calquera aplicación a problemas reais e ás cousas importantes da existencia do home. Asuntos tales como traballo, carreira, [[ambición]], [[amor]], [[amizade]], [[pracer]], [[felicidade]], valores son considerados por estas teorías como *amorales*, ou sexa: fose do ámbito da moralidade. Se é así, con que criterio vai un home a tomar as súas decisións cotiás, ou a canalizar o curso da súa vida?
-Nunha teoría deontolóxica, todos os desexos persoais son desterrados do reino da moralidade; un desexo persoal non ten ningún significado moral, sexa o desexo de crear ou o desexo de matar.
 
 
 
== Blibliografia ==
 
http://filosofia.laguia2000.com/diccionario-de-filosofia/el-deber#ixzz3K6CZsQGF
 
http://www.mercaba.org/Filosofia/deber.htm
 
http://objetivismo.org/deber/
 
http://wikipedia.org/