Eliseo Alonso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
No [[1950]] emigrou a [[Bos Aires]] e traballou na prensa da [[Arxentina]]. Colaborou tamén na prensa galega da diáspora: fundou ''[[Mundo Gallego]]'', dirixiu ''[[Airiños]]'' (órgano da Casa de Galicia) e elaborou o suplemento "Aquí Buenos Aires" de ''[[El Pueblo Gallego]]'' de [[Vigo]]. Á volta a Galicia seguiu colaborando na prensa americana, na española e na galega, especializándose en temas de caza e pesca.
 
Utilizou en ocasións o [[pseudónimo]] de ''Alonso de Goyán'' en artigos publicados no ''[[Faro de Vigo]]'', ''[[La Voz de Galicia]]'', ''[[Clarín]]'' e outras publicacións.
 
==Obra==
É autor de varios libros en castelán sobre a súa terra natal así como dalgunhas narracións, os ''Contos do Miño'' (1955), a novela ''A rúa do noxo'' (Galaxia 1977, Galaxia) e o libro de relatos para nenos ''Reiciñeira'' (1981), que contén contos narrados inicialmente para a súa filla.
 
No eido do ensaio, escribiu en galego ''Viños do Rosal e do Condado'' (1992), e en castelán ''La pintura de Antonio Fernández'' (1959), ''Los ríos de Pontevedra'' (1966), ''Bajo Miño y costa sur'' (1967), ''Xoán Piñeiro'' (1981), ''Gamelas y marineros'' (1987).
Liña 13:
Como poeta, publicou só dous libros en galego: ''Cantos de cotovía'' (1950), cun limiar de [[Xosé María Álvarez Blázquez|Álvarez Blázquez]], e ''Seara de romances'' (1952). En castelán tamén escribiu o poemario ''Tiempo y camino'' (1974). Bastantes poemas non recollidos en libro viron a luz en revistas hispánicas e americanas.
Da súa obra poética di [[Francisco Fernández del Riego]]: "...''

{{cita|sinala un despegue das formas esteticistas e popularistas cara a unhas formas máis libres, inda que barrocas, no aspecto formal''". E [[Xosé Luís Méndez Ferrín]], da súa poesía última: "...''É dun bronco expresionismo caricaturesco (con ecos valleinclanescos ou de [[Camilo José Cela]]) e dun sentimentalismo donde e case envergoñado... (nela) latexa a vivencia radical da morte en canles expresivas xocundas e libérrimas''"}}.
 
A primeira edición de ''Contos do Miño'', feita en Bos Aires, foi recomendada por [[Otero Pedrayo]], quen di destes relatos: "Son agromados na petrucial carballada. E como toda primaveira teñen seus fondos ecoares de tristura"<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/02/25/979662.shtml/ Cita] na edición deste libro que fixo ''La Voz de Galicia''.</ref>.
Liña 36 ⟶ 38:
[[Categoría:Poetas de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Tomiño]]
[[Categoría:Nados en 1924]]
[[Categoría:Finados en 1996]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]