Etileno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 210:
 
====Usos comerciais====
O etileno acurta a vida comercial de moitos froitos ao adiantar a [[maduración dos froitos]] e a senescencia floral. O etileno acutaacurta a vida comercial das flores cortadas e de plantas en testo ao acelerar a senescencia e abscisión floral. As flores e plantas que están suxeitas a estrés durante o seu transporte en barco, manexo ou almacenamento producen etileno causando unha significativa redución no seu número de flores. As flores afectadas polo etileno son, por exemplo, o [[caravel]], [[Pelargonium|xeranio]], [[petunia]], [[rosa (flor)|rosa]], entre moitas outras.<ref>{{cite journal | title = Effect of ethylene on flower abscission: a survey |journal = Annals of Botany | volume = 89 | issue = 6 | pages = 689–693| year = 2002 | pmid = 12102524 | doi = 10.1093/aob/mcf124 | author = Van Doorn, W. G. | ref = harv}}</ref>
 
O etileno pode causar perdas económicas significativas para os floristas, mercados, subministradores e cultivadores. Ideáronse varios xeitos de inhibir a produción de etileno, como inhibir a síntese de etileno e a percepción do etileno. A aminoetoxivinilglicina (AVG), o [[ácido aminooxiacético]] (AOA), e os sales de prata son inhibidores do etileno.<ref name="dic_plant">{{cite book|last=Cassells |first=A. C. |author2=Peter B. Gahan|title=Dictionary of plant tissue culture|publisher=Haworth Press|year= 2006|pages=77|isbn= 978-1-56022-919-3|url=http://books.google.com/?id=cR5y5_vahAUC}}</ref><ref>{{cite book|last=Constabel|first=Friedrich |author2=Jerry P. Shyluk|title=Plant Cell and Tissue Culture|publisher=Springer|year=1994|pages=5|chapter=1: Initiation, Nutrition, and Maintenance of Plant Cell and Tissue Cultures |isbn=0-7923-2493-5}}</ref> Inhibir a síntese de etileno é menos efectivo para reducir as perdas despois da colleita, xa que o etileno procedente doutras fontes pode tamén afectar á planta. Ao inhibir a percepción do etileno, os froitos, plantas e flores non responden ao etileno producido endoxenamente nin ao procedente de fontes exóxenas. Entre os inhibidores da percepción do etileno están compostos que teñen unha forma similar á do etileno, pero non oricxinan unha resposta ao etileno. Un exemplo destes inhibidores é o [[1-metilciclopropeno]] (1-MCP).