Viktor Yanukovych: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 33:
O [[30 de marzo]] de [[2012]] Ianukóvich e os líderes da [[Unión Europea]] asinan un tratado de adhesión de Ucraína á UE. Porén, este tratado non se leva a cabo pois unha das exixencias para a unión era a liberación de Timoshenko e Lutsenko. As negociacións estancaríanse durante un ano.
 
Meses antes do inicio das protestas, Ianukóvich promete ao pobo levar a cabo as reformas necesarias para que Ucraína entre na UE. A razón disto foi a caída da produción industrial que estaba sufrindo o país ao longo de [[2013]]. Ianukóvich asistiu ao cumio da UE os días 28 e 29 de novembro de 2013 en [[Vilnius]] (onde orixinalmente estaba previsto que o Acordo de Asociación se asinase o 29 de novembro de 2013). Pero o acordo nomnon se asinou.
 
[[Rusia]] prometeu axudar economicamente a Ucraína se esta desistía das súas aspiracións europeístas.
Liña 41:
A comezos de xaneiro de [[2014]] as protestas foronn radicalizándose e expandíndose ao longo do centro e o oeste do país, de maioría nacionalista e ucraínofalante, e con algúns focos no leste, maioritariamente rusofalante e rusófila, porque xa non só a exixencia era o cambio económico cara a [[Europa]], senón o cambio total de goberno.
 
A noite entre o 19 e o 20 de febreiro, Ianukóvich e os principais líderes da oposición ([[Vitali Klitschko|Vitali Klichkó]], [[Arseni Iatseniuk]] e [[Oleg Tiagnibok]]) acordaron unha tregua e o desarmamento das barricadas colocadas na praza da capital anteriormente como medida de contención ás forzas policiais.
 
== Fuxida e destitución ==