Reconquista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Cambiei un Nome Incorrecto.
Liña 5:
A '''Reconquista''' é o nome co que se coñece tradicionalmente ao proceso histórico por medio do cal os reinos [[cristianismo|cristiáns]] do norte da [[Península Ibérica]] van conquistar progresivamente o [[al-Ándalus]]. Considérase que comeza no [[722]] coa resistencia das sociedades montañesas ó avance dos musulmáns coa [[Batalla de Covadonga]] e vai finalizar no [[1492]] coa conquista do [[Reino de Granada]].
 
Segundo a historiografía recente o termo ''reconquista'' é historicamente inexacto e inapropiado,{{Cómpre referencia}} dado que os reinos cristiáns que van conquistar o territorio andalusí constituíronse como sociedades despois da ocupación islámica da península, a pesares dos esforzos dalgúns monarcas peninsulares para presentarse como herdeiros directos do antigo [[Reino de Toledo|reino visigodo de Toledo]]. Ademais, segundo esta interpretación actual, ''reconquista'' é un concepto parcial, xa que só presenta a visión cristiá deste complexo proceso histórico, obviando o punto de vista dos andalusís. Por tanto tense suxerido como denominacións alternativas '''Conquista cristiá''', '''Conquista [[feudalismo|feudal]] de al-Ándalus''', ou directamente '''[[Colonización feudal]] da Península Ibérica''', entre outros nomes.
 
Fai falla ter presente tamén que a colonización de al-Ándalus non é un feito exclusivo hispánico, xa que se explica nun contexto europeo caracterizado pola expansión da sociedade feudal dende o núcleo orixinal do Feudalismo, ó centre de [[Europa occidental]], cara a periferia, sendo así un proceso histórico que responde ós mesmos parámetros que outros procesos contemporáneos como a conquista e colonización inglesa de [[Irlanda]], a expansión alemá ó leste do [[río Elba]] (proceso coñecido co termo ideolóxico de ''[[Drang nach Osten]]'' ou “Marcha ó leste”), e a expansión franca a [[Terra Santa]] mediante as [[Cruzadas]] e a creación do [[Reino de Xerusalén]], entre outros.
 
== Antecedentes ==
=== O [[período tardorromano]] ===
No [[século V]] o [[Imperio Romano de Occidente]] vai demandar ós [[visigodo]]s, un pobo bárbaro fortemente romanizado e que estaba federado ó imperio, que expulsasen ós [[vándalo]]s e [[alano]]s de [[Hispania]]. Como pago pola súa lealdade, os visigodos recibiron esta provincia romana e o sur da [[Galia]] como ''foedus''. Coa deposición do derradeiro emperador romano por [[Odoacro]] no [[476]] os visigodos gobernaron estes territorios como reino independente, primeiro como [[Reino de Tolosa]] e, despois da derrota a mans dos francos no [[507]] na [[Batalla de Vouillé]], unicamente a [[Hispania]] como [[Reino de Toledo]]. Aínda así a aportación de poboación dos visigodos á península foi moi reducida.
 
Liña 36:
[[Ficheiro:Don Pelayo.jpg|miniatura|300px|Monumento a Paio.]]
 
No ano [[718]] un nobre chamado [[Paio de Asturias|PaioPelaio]] sublevouse. Fracasou, foi feito prisioneiro e enviado a [[Califato de Córdoba|Córdoba]] (os escritos usan a palabra ''Córdoba'', pero isto non implica que fose a capital, xa que os árabes chamaban ''Córdoba'' a todo o [[califato]]).
 
Con todo, conseguiu escapar e organizou unha segunda revolta nos montes de [[Principado de Asturias|Asturias]], que empezou coa [[batalla de Covadonga]] do [[722]]. Esta batalla considérase o comezo da Reconquista e do primeiro reino cristián, que foi o [[reino de Asturias]]. A interpretación é discutida: mentres que nas crónicas cristiás aparece como unha gran vitoria fronte ós infieis, grazas á axuda de [[Deus]], os cronistas árabes describen un enfrontamento cun reducido grupo de cristiáns, aos que tras vencer desístese de perseguir ó consideralos inofensivos. A realidade é que esta vitoria de Covadonga, por pequenas que fosen as forzas contendentes, tivo unha importancia tal que polarizou en torno a Don [[Paio de Asturias|Don PaioPelaio]] un foco de independencia do poder [[musulmán]], que lle permitiu manterse independente e ir incorporando novas terras aos seus dominios.
 
O [[reino de Asturias]] recibiu dende o principio o apoio do [[Ducado de Cantabria]], que estaba nunha situación de relativa independencia respecto dos musulmáns. En calquera caso, os árabes desistiron de controlar a zona máis setentrional da península, dado que na súa opinión, dominar unha rexión montañosa de limitados recursos e invernos extremos, non pagaba a pena. Os cristiáns da zona non supoñían perigo, e controlar o extremo máis afastado supoñería máis custos que beneficios. De todos os xeitos, a sorprendente expansión do minúsculo estado pronto preocupou ás autoridades califais. Houbo sucesivas incursións (en tempos de [[Afonso II de Oviedo|Afonso II]], fíxose unha cada ano en territorio asturiano), pero o reino sobreviviu e seguiuse expandindo, con sonoras vitorias, como a batalla de Lutos, Polvoraria e a toma de Lisboa no [[798]].