Transdución de sinais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 26:
Nas [[célula eucariota|células eucariotas]], a maioría das proteínas intracelulares activadas pola recepción dun ligando no receptor posúen unha actividade encimática, como por exemplo a [[tirosina quinase]] e as [[proteína fosfatase|fosfatase]]s. Algunhas delas crean un [[segundo mensaxeiro]] como o [[AMP cíclico]] e o [[Inositol trifosfato|IP<sub>3</sub>]], este último controla a liberación dos depósitos de [[calcio]] intracelular no citoplasma. Outras proteínas activadas interaccionan con [[proteína adaptadora|proteínas adaptadoras]] que facilitan as interaccións das proteínas de sinalización e a coordinación de complexos de sinalización necesarios para responder a un estímulo particular. Os encimas e as proteínas adaptadoras responden a varias moléculas de segundos mensaxeiros.
 
Moitas proteínas adaptadoras e encimas activados como parte da transdución de sinais posúen [[dominio proteico|dominios proteicos]] especializados, que se unen a moléculas de segundos mensaxeiros específicas. Por exemplo, os ións calcio únense aos dominios de tipo [[man EF]] da [[calmodulina]], o que lle permite unirse e activar a [[quinasa dependente de calmodulina]]. O [[PIP3|PIP<sub>3</sub>]] e outros fosfoinosítidos[[fosfoinosítido]]s fan o mesmo co [[dominio de homoloxía de pleckstrina]] que presentan proteínas como a proteína quinase [[AKT]].
 
====Asociación coa proteína G====