Diferenzas entre revisións de «Vixía de Herbeira»

(→‎Situación: lig int)
Atópanse entre os concellos de [[Cedeira]] e [[Cariño]] ([[provincia da Coruña]]), na estrada que une a vila de [[Cariño]] coa de Santo André de Teixido e [[Cedeira]]. Moi preto de Herbeira está o [[cabo Ortegal]] onde fican as rochas máis antigas da [[península Ibérica]] e as cuartas do mundo.<ref>[http://elpais.com/diario/2008/09/03/galicia/1220437100_850215.html "Ortegal era el centro de la Tierra"], artigo en ''El País'', 3 de setembro de 2008.</ref>
 
No alto do beiril hai un punto[[vértice xeodésico]] e unha [[garita]] de vixilancia ('''Garita de Herbeira'''). A paisaxe é impoñente, ateigada de rochas que sobresaen entre unha mesta matogueira de [[Erica (xénero)|uces]] e [[Ulex|toxo]]s na que pace gando [[Vaca|vacún]] e [[Cabalo|cabalar]].
 
Dende o alto do cantil divísase unha excelente panorámica do océano, da costa, e das puntas Tarroiba e Robaliceira, polo que se está a converter nun dos lugares máis turísticos do país. Na parte posterior instalouse unha [[Enerxía eólica|central eólica]] para aproveitar a forza do vento na zona.
 
Na parte posterior instalouse unha [[Enerxía eólica|central eólica]] para aproveitar a forza do vento na zona.
 
==Garita de Herbeira==